PASADO e FUTURO

A. Núñez Feijóo: “Nas vindeiras eleccións os votantes non van elexir entre a esquerda ou a dereita, nen nacionalismo ou non nacionalismo, senón que van votar pasado ou futuro…”

Estas palabras do vindeiro presidente da Xunta de Galicia expresadas diante dos seus siareiros logo da recente victoria electoral levan, na miña opinión, implícitas unhas intencións de fondo calado teórico. Os cleavages tradicionais no sistema político galego son a confrontación esquerda-dereita ao que se lle engade a confrontación nacionalismo-non nacionalismo. A proclamada intención de superar estes cleavages por unha nova confrontación entre pasado e futuro, fai agromar esta breve reflexión.

En canto a confrontación esquerda-dereita, se ben é certo que na actualidade se está diluíndo a loita entre os partidos políticos tradicionais, converténdose en agrupacións cacht-all no obxectivo de achegarse aos sectores máis amplos da sociedade e apañar o maior número de votos posible, perdendo gran parte do seu ideario tradicional de defensa dos intereses de clase. Tampouco é menos certo que non son iguais as políticas plantexadas polas teorías socialdemócratas de incrementar a cobertura da sanidade pública, a educación e a protección social. Que as teorías de corte liberal basadas na supremacía do mercado e na non intervención estatal nos principais asuntos políticos, quedando relegado o Estado a un papel subsidiario e residual.
Nun sentido amplio, polas políticas que se desenrolan, non é o mesmo ter no goberno a un partido de esquerdas que a outro de dereitas.

En sitios, como en Galiza, nos que a poboación ten un certo sentimento de país. E donde existen algúns dos elementos que tradicionalmente conformaron a idea de nación. Apareceu no debate político o cleavage nacionalismo-non nacionalismo. No seo desta confrontación xurde a idea da necesidade de institucións propias para o desenrolo de políticas de defensa da identidade que a autonomía galega representa hoxe en día para a maioría da poboación de Galiza.

Este foi o terreo de xogo teórico no que os partidos políticos se disputaron a confianza dos galegos nos procesos electorais que houbo ata agora. E os cidadáns escolleron os seus representantes sabedores, en certa medida, dos posicionamentos de cada partido nestes dous eidos de confrontación política. Así interpretouse ao BNG como defensor da identidade galega con posicionamentos socialdemócratas, observando un enfriamento das políticas máis esquerdistas para gañarse a certo electorado de centro-dereita que albisque a necesidade dunha forza política propia do mesmo xeito que as outras autonomías hostóricas do estado. O Partido Popular representa a organización que ocupa o espazo político do centro-dereita, sendo quen tamén de aglutinar no seu seo algunhas políticas autonomistas, penetrando no espazo político do nacionalismo moderado. O Partido Socialista ocupa o espazo político de centro-esquerda, representando tradicionalmente unha organización de posta en práctica de políticas socialdemócratas. Xogando un papel menor no cleavage nacionalista pola presenza de destacadas ideas xacobinas no seu seo.

Nun afán superador da actual confrontación política o lider do PP fala agora de que o vindeiro debate teórico vai ser entre o pasado e o futuro. Este cleavage require un certo repouso e interpretar con calma estes dous conceptos. Xa que a idea do progreso da sociedade dende unha perspectiva racional atopouse ao longo do seu desenrolo histórico coa tradicional confrontación esquerda-dereita que vai aparecer agora sobardada. Non vaia ser que vaiamos dar unha volta para rematar chegando ao mesmo sitio no que xa estábamos. No plano teórico, claro...

No hay comentarios:

 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet