ADEUS Á XUNTA BIPARTITA (PSOE + BNG) ...




Os resultados destas eleccións foron o 47,1% dos votos para o PP, o 29,9% para o PSdG e o 16,6% para o BNG. O que supón a maioría absoluta para o Partido Popular con 39 deputados no Parlamento de Galiza, 24 para o PSOE e 12 para o BNG.






Na provincia da Coruña as porcentaxes do electorado acadadas polos principais partidos foron: PP 45,9 %, PSdG 29,6 e BNG 16,2 %.

Mentras que se nos restrinximos á nosa comarca da ría do Tambre as porcentaxes foron as seguintes: PP 51,5%, PSdG 26,7% e BNG 18,0%.
O que significa que o PP segue a ser o prinicipal partido. Chegando a superar a fronteira de un de cada dous votos. Acadando na comarca uns excelentes resultados que son mellores que os da provincia da Coruña e no resto de Galiza.
O PSdG con cerca de un de cada catro votos, pola contra, acada na comarca uns resultados tres puntos porcentuais máis baixos que os conseguidos no resto de Galiza.
O BNG acada uns resultados que se ben son maiores que os recibidos polos nacionalistas na provincia da Coruña e no resto de Galiza, non loga recibir o apoio de unha de cada cinco persoas.

Afinando un chisquiño máis, observamos que o PP segue recibindo os seus mellores resultados no concello de Mazaricos con máis do 58% dos electores deste concello o que supón cáseque o 11% dos votos populares na comarca. En todos os concellos recibe o apoio de máis de un de cada dous votantes. E solo nos concellos de Porto do Son e Muros non logran os populares superar a barreira do 50% dos votos.

Os socialistas tan solo conseguen manter a media de votos obtidos no conxunto do país no concello de Porto do Son, o seu principal bastión electoral da comarca. Pola contra en Mazaricos o PSdG solo logra o apoio de un de cada cinco votantes.

O BNG tivo en Muros os seus mellores resultados co apoio do 22% do electorado. Catro puntos porcentuais por encima da media comarcal e máis de seis puntos por enriba da media de apoios acadados polos nacionalistas no conxunto de Galiza. Recibindo en Muros o 23% do conxunto dos votos nacionalistas da comarca a pesar de representar solamente cerca do 19% do electorado da comarca. Estes datos do BNG, se cadra, poden estar influenciados pola presencia da alcaldía nacionalista no concello de Muros. Os peores resultados dos nacionalistas son os obtidos no concello de Lousame, donde o BNG queda relegado ó apoio do 14% do electorado.

Este 1 de marzo de 2009 pasará a historia electoral como a data final do goberno bipartito (PSOE-BNG) na Xunta de Galicia. Parece que os períodos de gobernos de esquerda na administración galega están condenados a ser uns breves parénteses nun universo de gobernos da dereita.

ver os resultados das eleccións (...)

No hay comentarios:

 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet