AS ELECCIÓNS DE 2005 NA COMARCA DE MUROS E NOIA
Manuel Fraga celebra o resultado das eleccións (19/06/05)
Foto: EFE
Esta é unha visión rápida do resultado das pasadas eleccións ao Parlamento de Galiza do 19 de xuño de 2005 na comarca de Muros e Noia. Esta comarca natural ás beiras do rio Tambre está formada polos concellos de Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes e Porto do Son.
As eleccións do 2005 foron os últimos comicios aos que se presentaba Manuel Fraga Iribarne como candidato do Partido Popular (PP) á Xunta de Galiza.
Os resultados destas eleccións foron o 44,9% dos votos para o PP, o 32,5% para o PSdG e o 19,6% para o BNG.
Na provincia da Coruña as porcentaxes do electorado acadadas polos principais partidos foron: PP 42,5 %, PSdG 32,5 e BNG 21,5 %.
Mentras que se nos restrinximos á nosa comarca as porcentaxes foron as seguintes: PP 47,5%, PSdG 30,1% e BNG 21,1%. €
O que significa que o PP segue a ser o prinicipal partido na comarca. Chegando a conseguir cáseque un de cada dous votos. Acadando na comarca uns mellores resultados que no resto de Galiza. Uns cinco puntos porcentuais máis que os resultados na provincia da Coruña e máis de dous puntos por enriba dos resultados acadados en todo o país.
O PSdG con cerca de un de cada tres votos, pola contra, acada na comarca uns resultados dous puntos porcentuais máis baixos que os conseguidos no resto de Galiza. E o BNG consegue na comarca o apoio de unha de cada cinco persoas, con uns resultados que se ben son maiores que a media do país, son unhas décimas máis baixas que o apoio acadado polos nacionalistas no conxunto da provincia da Coruña.
Afinando un chisquiño máis esta ollada observamos que o PP consegue os seus mellores resultados no concello de Mazaricos con máis do 58% dos electores deste concello o que supón o 11% dos votos populares na comarca. En Lousame e Outes tamén conseguen máis do 50% do electorado, supoñendo estes dous concellos o 8% e o 11%, respectivamente dos votos acadados polo PP na comarca. Mentras que o concello de Porto do Son foi onde peores resultados conseguiron chegando ao 40% do electorado sonense.
Os socialistas tiveron de Porto do Son o seu principal bastión electoral con máis do 37% dos votos deste concello o que supón o 23% do electorado socialista na comarca. Pola contra en Mazaricos o PSdG solo logra o apoio de un de cada cinco votantes.
O BNG tivo en Muros os seus mellores resultados co apoio de máis de un de cada catro votantes. Catro puntos porcentuais por encima da media comarcal. Recibindo en Muros o 23% do conxunto dos votos nacionalistas obtidos na comarca. Mentras que os peores resultados recibeos o BNG no concello de Outes donde solo obtivo o apoio do 16% do electorado.
Agardemos ao 1 de marzo para medir de novo o pulso da nosa sociedade. Xa que ss procesos electorais constitúen un magnífico indicador social.
No hay comentarios:
Publicar un comentario