ÚLTIMAS NOVAS SOBRE A ILLA DA CREBA


PARLAMENTO DE GALICIA



A COMISIÓN 2ª, DE ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVICIOS APROBOU HOXE A SEGUINTE PROPOSICIÓN NON DE LEI
Proposicións non de lei ante a Comisión -07/PNC-0156 (9876)

Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén

Sobre as actuacións que se deben levar a adiante para restituír a titularidade pública da illa da Creba

Publicación da iniciativa, BOPG núm. 170, do 30.06.2006
Texto da iniciativa:
-“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a:

1. Levar adiante as actuacións necesarias para a restitución da titularidade pública da Illa da Creba, conforme a planificación que se estabeleza para a protección das illas do litoral galego e a restitución da titularidade pública.

2. Realizar un estudo sobre os valores medio ambientais da Illa da Creba e dos fundos mariños, a fin de valorar a posibilidade de protexer este espazo a través dalgunha das figuras recollidas na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, ou de incluíla na proposta para a ampliación da Rede Natura 2000 en Galicia.

3. Facer as xestións necesarias a fin de axilizar o proxecto de restitución da zona de dominio público marítimo-terrestre, garantindo que as obras de restitución non afecten á actividade pesqueira e marisqueira desta zona”.

Resultado da votación: Aprobada por unanimidade.

Santiago de Compostela, 19 de setembro de 07

1 comentario:

O´Fartura dijo...

Ola Pacucho:
Puxen enlace ao teu blog no noso.
Un saudo.

P.D.:Viva a Illa da Creba Ceive.

 
Esta web apoia á iniciativa dun dominio galego propio (.gal) en Internet