AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS EN 2007 EN MUROS
Nestas eleccións resultou gañador o PSOE (40%). Sendo nas parroquias de Muros, Serres e Louro dónde mellores resultados obtivo chegando a conseguir o voto de cáseque un de cada dous votantes nestas parroquias. O partido socialista obtivo os piores resultados nas parroquias de Abelleira e Esteiro donde non consegue superar a barreira do 30% dos votos destas parroquias.
A segunda forza política do concello foi o BNG (30%). Conseguindo os seus mellores resultados en Abelleira donde recibe cerca de un de cada dous votos, e en Esteiro donde acada máis de un de cada tres votos da parroquia. Os piores resultados para os nacionalistas son os obtidos nas parroquias de Louro, Serres e Muros donde solo acada un de cada catro votos emitidos.
O PP (25%) foi o partido que quedou en terceiro lugar. Obtivo os seus mellores resultados en Louro, Tal e Esteiro conseguindo un de cada tres votos da parroquia. Será nas parroquias de Muros e Serres donde acada os piores resultados, conseguindo solo un de cada cinco votos emitidos nestas parroquias.
O partido independente AVIM (4%) non foi quen de acadar representación nen de conseguir un número de votos significativo en ningunha parroquia do concello. AVIM non foi quen de aglutinar o voto independente de outras convocatorias electorais.
Estas eleccións nas que o PSOE obtivo unha victoria importante evidenciaron significativamente a diferente orientación do voto entre dúas partes do concello. Por unha banda os nacionalistas (1796 votos) dominan nas parroquias de Esteiro, Tal, Abelleira e Torea. Mentras que os socialistas (2446 votos) obteñen a victoria ampliamente cimentada nas parroquias de Louro, Serres e Muros.
1 comentario:
Vistos os resultados eu destacaría principalmente dous datos significativos. O primeiro deles, e que ti xa señalaste, e a división entre unha parte do concello e a outra entre o PSOE e o BNG.
O segundo deles e que a min sorprendeume bastante (aínda que igual xa se prevía) e que o, en principio lóxico, desembarco de votos do CDI no PP non foi tal e parece ser que discorreron maioritariamente para o PSOE-PSG (para o PSOE ou para Caridad, non o teño moi claro).
Bueno nada máis, un abrazo Pacucho.
Por certo xa vin a foto da entrega de diplomas de licenciatura no blog. Parabéns!
Espero dentro de tres ano tamén ter esa foto. :)
Publicar un comentario