AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE 2003 EN MUROS
Nas eleccións municipais de 2003 resultou vencedor o CDI (29%) mostrándose como un partido moi forte en Muros donde conseguiu o 40% dos seus votos recollendo cáseque un de cada dous apoios dos votantes da Vila. Pola contra a parroquia de Louro foi donde piores resultados acadaría non chegando ao 7% dos votos.
O segundo partido sería o PSOE (28%) recibindo o apoio principalmente na parroquia de Louro. Unha parroquia que aporta o 12% do electorado pero na que os socialistas conseguiron o voto de cáseque un de cada dous veciños. Pola contra o PSOE tivo dificultades sobre todo en Esteiro donde solo acadaría o apoio de un de cada cinco esteiráns
O BNG (23%) recollería principalmente os seus votos nas parroquias de Esteiro, Tal e Abelleira, donde recibiu o apoio de un de cada tres votantes. Mentras que o BNG tivo dificultades para recibir o apoio do electorado nas parroquias de Muros, Louro e tamén de Serres.
O PP (18%) recibiu cáseque unha cuarta parte de todos seus apoios en Esteiro a pesar de solo acadar o voto de un de cada cinco votantes esteiráns. A vila de Muros supuxo un duro golpe para os populares que os levaría a perder as eleccións xa que solo recibiron o voto do 15% dos votantes muradáns.
Finalmente hai que destacar os cinco prinicpais nichos de votos máis importantes, xa que entre todos sumaron cáseque o 40% dos votos de todo o Concello. Foron por esta orde: os apoios do CDI en Muros, os votos do PSOE e do CDI en Serres, os do BNG en Esteiro e os votos do PSOE en Muros.
No hay comentarios:
Publicar un comentario