Estamos celebrando os cen anos da construcción da fonte da
Pontella. Sabemos que non se trata da fonte máis vella de
Esteiro. Probablemente se trate dunha das fontes máis novas
da parroquia. Polo título de fonte máis antiga teñen que loitar
as outras fontes: a do ferrollo, a lamuda, a da chouza, a do
pozo de fontenla, a do barreiro, a da mexadoira, da mixirica, a
de fontecoba, a de fontedortas, a da marta, a do canle de
solleiros, a de reboredo, a de uhía, a do catalán na ribeira,
etc… Tampouco se trata dunha fonte lexendaria como a “de
arriba” na que se xuntaban as meigas nas noites das «areas
gordas» a lavar, peitearse e esquillar aos curiosos.
Pero, a da pontella, é a fonte máis singular de Esteiro.
Trátase dunha fonte bonita e moderna. Feita a principios do
século pasado, con unha fasquía de construcción vilega. A
súa base octogonal e a adornada columna central fan pensar
na imaxe típica da praza dunha vila galega. Foi unha construcción
ambiciosa para o tempo e o lugar no que foi feita. E sobre a
que contan que xurdiu a lenda de que agacha un auténtico
tesouro.
A fonte foi feita no outono do ano 1911, pola cuadrilla do
mestre canteiro “do neto de Reboredo”. Fíxose a instancias
de varios veciños do lugar do Maio. Que un ano antes
presentaran unha solicitude no concello de Muros. A súa
construcción foi unha das primeiras decisións que tomaría
como alcalde, D.José Romaní Ferrer. Un home que era a
terceira xeración daqueles cataláns que a principios do século
XIX emigraran a Esteiro na percura de sardiñas para a
salazón. Este alcalde de Muros era neto de José Romani i
Ytllas e de Rosa Cruz i Roca. Matrimonio que procedente de
Blanes na provincia de Girona foi o alicerce da familia dos
Romanís esteiráns.
Gracias ao arquivo municipal de Muros, podemos saber hoxe
o coste total da obra que foi de mil cincocentas setenta e
unha pesetas. E tamén que se necesitou a autorización de
Manuela Montes Núñez para pasar a tubería que conduce a
auga dende o manantial ata a ubicación da fonte á beira do
camiño.
Co tempo, a fonte, converteuse no principal espazo cívico e de
reunión do lugar do Maio. Antes da existencia de auga
corrente nas vivendas era o punto de encontro das mulleres
do lugar que ían á fonte para encher as súas caldeiras. E
máis modernamente, a pontella pasou a ser o lugar de
reunión da mocedade para ver pasar os seráns no tempo do
verán.
A fonte da Pontella viviu un destacado episodio no tramo final
da dictadura franquista. Cando o alcalde de Muros daquel
tempo dispuxo o seu “traslado” e a construcción dunha
especie de alxive no lugar. Os veciños xuntáronse para
desmontar esta maniobra e mesmo tiveron que enfrontarse
aos obreiros municipais. Impedindo o seu traballo e
desfacéndolle o choio feito. Este épico episodio chegaría á
xustiza. Tendo que ir moitos encausados a declarar diante
das autoridades da época. Protagonizando, principalmente as
mulleres do Maio, un exemplo de solidariedade entre veciños
por non identificar ninguén aos autores dos feitos. Esta
decidida oposición veciñal conseguiría ablandar ás
autoridades municipais moi deslexitimadas socialmente no
tramo final da dictadura. E a fonte da pontella non se
movería do lugar do Maio. Ao contrario do que lle pasou a
outros monumentos. Como a fonte que había na praza da
casa consistorial en Muros.
Se cadra por algún destes motivos, a fonte da pontella,
constitúe un auténtico sinal de identidade para o vecindario
do Maio. E ao final vai resultar verdade que agacha na súa
base un tesouro. O tesouro da solidariedade entre as persoas.
Solidariedade que fixo posible que os veciños defenderan o
patrimonio comunal. E para que nos dea agora por xuntarnos
e celebrar centenario da súa construcción.
O lugariño do Maio,
luce con moito esplendor.
Coa fonte da pontella,
e un ciclón gañador.
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-70591765464392093592011-05-24T22:34:00.001+01:002011-05-24T22:34:39.633+01:00AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DO 22/05/2011 EN MUROSO PSOE resultou o gañador das eleccións municipais do 2011 no concello de Muros acadando 2282 votos. Que supoñen o 41% do electorado. O que significa que vai ter 6 concelleiros na vindeira corporación. Practicamente igualando os números conseguidos no ano 2007. En comparación con este ano, o PSOE logra aumentar os seus apoios en Muros, Torea e Tal. Baixando significativamente en Esteiro.
Os socialistas consolidaron a súa victoria electoral nas parroquias de Serres e Muros nas que conseguiron máis do 50% dos votos emitidos. Supoñendo tamén estes votos máis da metade dos que lograron en todo o concello. Nas outras parroquias o PSOE acada en todas elas máis de un de cada tres dos votos emitidos salvo en Esteiro donde quedou en último lugar conseguindo o 20% do electorado.
O PP logrou catro concelleiros con 1762 votos. Cáseque o 32 % do electorado. Subindo un concelleiro na nova corporación. E mellorando en máis de seis puntos as porcentaxes acadadas en 2007. Subindo o número de apoios en todas as parroquias salvo en Tal.
Para os populares as parroquias máis favorables son Louro e Esteiro. Donde conseguen gañar cadansúa mesa e melloran sensiblemente a súa porcentaxe total do concello ata superar o 35% dos votos. Pola contra en Tal, o PP queda no 24% dos votos emitidos.
O BNG consigue tres concelleiros con 1508 votos. Aproximadamente o 27% do electorado. Perdendo un concelleiro e tres puntos porcentuais con respecto ás eleccións de 2007. Baixando o número de apoios en todas as parroquias menos en Esteiro e Tal.
O resultado do BNG resulta especialmente significativo nestas parroquias. Acadando cáseque o 44% en Esteiro, o 38% en Tal e na Abelleira o 36%. Supoñendo os votos destas tres parroquias máis do 50% dos votos nacionalistas. Mentras que nas parroquias de Muros, Serres e Torea o BNG non logra superar a barreira do 20% do electorado.Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-58736666202782190372010-03-08T11:29:00.006+00:002010-03-11T10:40:09.351+00:00PRESENTACIÓN DO LIBRO "ACTIVIDAD ECONÓMICA MURADANA" DE DOMIN GUERRA
UNHA HONRA E UN PLACER
Para mín estar hoxe aquí neste acto supónme un doble sentimento de honra e de placer. Por unha banda significa unha honra que pensaran en mín para presentar o libro de un muradán exemplar como é o amigo Domin. Ocórrenseme varias persoas máis cualificadas que mín para estar sentadas nesta mesa. É polo tanto un motivo de satisfación persoal estar nesta presentación dun libro sobre Muros, sobre o meu concello.
Pero para mín tamén este acto tamén significa un placer. Supónme unha enorme alegría estar aquí compartindo mesa con uns bos amigos. Quixera mencionar especialmente a Domin que foi un magnífico compañeiro cando eu empezaba a traballar nas oficinas municipais de Muros. Recordarei sempre aquel tempo que compartimos antes de que el conseguira o seu posto de traballo no Consello de Contas en Santiago. A min impresionoume a súa profesionalidade e o tesón co que compaxinaba o traballo cos seus estudios de economía na universidade de Santiago. Tiven a sorte de coñecer a súa familia e iniciamos unha amistade que perdura e da que me sinto moi orgulloso. Polo tanto para mín tamén é un placer estar aquí rodeado destes bos amigos.
O libro que hoxe presentamos penso que é unha valiosa ferramenta para entender o concello de Muros. Trátase dunha obra que ten a virtude de explicar, de axudar a entender as cousas. E para entender ben as cousas non hai nada que axude máis que unha sinxela e clara exposición.
Porque os estudios económicos non resultan moi sinxelos de entender. A economía non é unha ciencia unicamente deductiva como son as matemáticas. Nas que partindo duns postulados establecidos a priori vanse deducindo as consecuencias deses postulados. E tampouco pode ser unha ciencia puramente inductiva. Non se pode limitar a inferir hipóteses a partir dos feitos. Os estudios económicos teñen que conxugar as dúas, a deducción e a inducción. Pero ademais as teorías económicas precisan da contrastación. As teorías económicas teñen que superar a proba dos feitos. Porque ao cabo son os feitos os que van a confirmar ou rexeitar estas teorías.
A economía para os profanos ás veces parécese a un desfile de enigmas, de problemas e de dificiles dilemas. Sen embargo hai conceptos que resultan fundamentais non solo para os estudiosos senón que están presentes para toda a sociedade. Conceptos como a escasez, a eficiencia, as ganancias derivadas da especialización ou o principio da vantaxe comparativa en Microeconomía. Ou os conceptos de oferta e demanda agregadas en Macroeconomía. Son conceptos que non nos resultan estraños e dos que escoitamos falar diariamente nos medios de comunicación.
Como todos os científicos os economistas din que se estudia a súa ciencia para comprender o mundo que nos rodea. Pero a economía ten outra virtude, tamén axuda a deseñar as políticas económicas dos estados. Basándose nunha serie de principios e de teorías, co obxectivo de mellorar o nivel de vida da poboación do país e do resto do mundo.
Para os que non somos expertos nesta materia a clave consiste consiste en presentar a economía dun xeito claro e sinxelo. Cando nos dispoñamos a abrir este libro, cada un de nós temos uns coñecementos diferentes e con ideas preconcebidas de cómo se desenvolve a actividade económica neste concello. Penso que o papel que persigue o escritor con esta obra non é tanto mudar valores do lector como axudarlle a comprender certos principios económicos que son imperedeceiros. Para ser capaces despois de aplicalos e facer de Muros un lugar mellor para eles, para as súas familias e para toda a comunidade.
Gracias.
A presentación deste libro foi na Casa da Cultura de Muros o pasado sábado 6 de marzo. Na mesa acompañando a Domingo Antonio Guerra París, estivemos Manuel Martínez Caamaño, Predo Martínez Formoso e máis eu.
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-49909285190027763322009-12-28T11:51:00.006+00:002009-12-28T12:13:55.610+00:00Cultura Mariñeira...
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-10872140726687908342009-10-05T10:01:00.015+00:002009-10-20T06:35:20.760+00:00AS CORES DA ESTEIRANA
Nunha primeira impresión parece que as cores azulgrana da vestimenta do equipo de fútbol de Esteiro, coñecido como a Esteirana, poderían deberse a unha certa preferencia por parte dos siareiros da parroquia polo equipo catalán.
Se ben é certo que hai un numeroso grupo de xente que alenta polo FC Barcelona. E que reunidos ao carón de Tabota no bar Local da Esteirana, disfrutan coa práctica do fútbol alegre e combinativo do que fai gala o clube barcelonés. A verdade é que a orixe das camisetas con raias verticais azuis e vermellas do equipo de fútbol de Esteiro está na outra beira do océano atlántico.
A práctica do fútbol chegaría a Esteiro a principios do século XX. Ao igual que en moitos portos da costa galega, da mán dos operarios das fábricas de conservas. En 1915 a familia vasca Legarda instalou en Esteiro unha fábrica de conserva de peixe. E foron os traballores desta nova industria os primeiros que implantaron en Esteiro a moda de xogar ao balón na praia do Artón.
Andado o tempo sería a Protección Social Esteirana, unha entidade concebida como mutualista agraria e que se convertiría en pouco tempo no auténtico motor da parroquia, a asociación que creou o equipo de fútbol de Esteiro. No albor da segunda república española foron os veciños emigrados en Bos Aires os que enviaron a Galiza unha equipación completa coa que ía xogar o equipo de fútbol de Esteiro. Tratábase da equipación azul e vermella coa que xogaba o clube atlético San Lorenzo de Almagro, fundado a primeiros do século nun barrio de Bos Aires. O barrio bonaerense de Boedo era coñecido por ser unha terra políticamente incorrecta na que vivían moitos anarquistas, entre os que había esteiráns. Neste barrio humilde de Bos Aires, o crego Lorenzo Mazza conseguíralles en 1908 a un grupo de rapaces os terreos que precisaban para xogar ao fútbol.
Parece ser que foi deste xeito como os mozos de Esteiro empezaron a lucir as cores azulgrana por toda a ría e por moitos outros portos de Galiza. Este feito foime confirmado dos dous grandes afeccionados ao fútbol. Polo señor Vidal da Ribeira de Creo, con quen compartín admiración polo Celta. E por Juanito Romaní, cando por fin voltou a Esteiro logo do seu truculento exilio americano de máis de corenta anos. Asegún me transmitiu tamén o señor Torea de Uhía, e mesmo aparece publicado no libro de Manuel Torres Fernández sobre o fútbol en Esteiro, a sociedade Esteirana formaría un equipo de rapaces que competiría co nome de Infantíl Esteirana e luciría unhas camisetas feitas coas teas dos sacos de fariña do economato existente no seo da Protección Social Esteirana.
Moi probablemente sería este recordo dos tempos pasados. A lembranza dunha "sociedade" Esteirana moi presente na memoria prohibida dos esteiráns. O que animaría no tardofranquismo aos daquela directivos do clube para federar un equipo co nome de Esteirana. E que xogase ao fútbol vestindo unha camiseta con raias verticais azuis e vermellas.
Estas notas solo son algúns dos moitos alicerces do futbol en Esteiro. No que como poidemos comprobar tivo moita influencia o fútbol arxentino. E non solo na creación da Sociedade Deportiva Esteirana. Mesmo no campionato de fútbol local da parroquia, o equipo do lugar do Maio adoptaría o nome de Ciclóns. Moi probablemente nun recordo tamén do clube arxentino San Lorenzo de Almagro, que tanta inlfuencia tivera no fútbol esteirán. E ben sabido que o clube San Lorenzo de Almagro coñécese popularmente polo ciclón.
“Señores...yo soy de un barrio....barrio....de corazón... señores...yo soy de BOEDO....y soy hincha del CICLON..."
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-61498694048878157252009-08-21T08:02:00.005+00:002009-08-21T08:24:41.201+00:00Galaxia publicará a novela inédita de Xosé Tobío Maio
Felizmente parece que vai sair a rúa no vindeiro mes de setembro a novela inédita titulada “O frade das dúas almas” de Xosé Tobío Maio “Conroa”. Gracias a perseverancia de Victor Campio Pereira a editorial Galaxia decidiuse a publicar a novela do escritor esteirán. Unha novela que xa estivera a piques de saír en 1936 co título de “Padre Hilarión”, pero que tivo que quedar no prelo da imprenta Nós de Santiago do lembrado Anxel Casal e que se acabaría perdendo por causa do golpe de estado do xeneral Franco e a posterior guerra de España.
Xosé Tobío Maio “Conroa” naceu en Esteiro (Muros) o 8 de xaneiro 1891 no seo dunha familia labrega. Como moitos fillos das familias poderosas do rural galego estudiaría no Seminario de Santiago durante dez anos e remataría facéndose mestre de escola. Impartiría o seu maxisterio no centro de orientación marítima do Pósito de Pescadores de Esteiro dende finais da década dos anos vinte. Casou con María Jesús Sillero Sanvicente, tamén mestra que daba escola na parroquia de Lira no concello de Carnota.E tivo cinco fillos: José, Enriqueta, María, Luisa e Ricardo.
Por aquel tempo, Xosé Tobío Maio xa se convertera nun auténtico referente cultural. Tendo unha gran influencia en asociacións e en numeros actos que se celebraban en toda a comarca. Participou, por exemplo, en 1934 na famosa homenaxe que da man de Álvaro de las Casas se lle tributou en Outes ao poeta Añón. A este acto, Conroa levaría os seus rapaces da escola do pósito de pescadores de Esteiro. Tamén aínda hoxe son lembradas polos máis vellos do lugar as súas incisivas murgas satíricas cantadas polo tempo do carnaval “Moita festa compañeiros van a ter os de Negreira e nos como bos irmáns imos aló a carreira…”
Consciente co seu compromiso republicano participaría activamente no desenrolo e transformación da vella Protección Social Esteirana creada en 1915 pola teoría política agrarista. Neste caso, a evolución do asociacionismo agrario sería capitaneado por outro mestre, o socialista Francisco Rodríguez Suárez, pero este é tema para debullar noutra ocasión.
Xosé Tobío Maio foi un dos que en xullo de 1936 se embarcaron en Muros, xunto coas autoridades republicanas da comarca, a bordo dos bous Santa Eulalia e Santa Rosa rumbo a Bilbao coa finalidade de escapar da represión franquista e defender a causa republicana. Falouse que durante a guerra exerceu como profesor en Cabo Rosas, na provincia de Girona.
Rematada a guerra, Conroa pasará a Francia e ao igual que moitos exilados españois tivo que agardar nun campo de concentración de refuxiados a que un vapor os trasladase a illa de Santo Domingo. En novembro de 1939 viaxaría a Venezuela, donde subsistiu dando clases particulares e mesmo colocando cristais nos edificios en construcción. Posteriormente pasará por Panamá e Chile para recalar finalmente na Arxentina.
Gracias a uns carpinteiros de ribeira do Freixo (Outes) conseguiu un traballo de contable nun asteleiro. Será en Bos Aires donde funde xunto con Manuel García Gerpe e Manuel Varela Buján a folla “Crisol Gallego” que saía publicada no xornal Sábado. En 1941 publicará na editorial Celta o seu poemario Espiñas. A edición desta obra foi posible gracias a colaboración das sociedades galegas bonaerenses, entre as que tivo unha especial importancia a participación da asociación dos emigrantres procedentes do concello de Outes que xuntaron unha importante cantidade de diñeiro para axudar a pagar o coste da publicación. Durante toda a década dos corenta os exemplares do libro Espiñas foron chegando a Galicia agachados polos mariñeiros a bordo dos trasatlánticos que por aquela cruzaban o océano, ao tempo que medraba a sona de Conroa. Daquel escritor e mestre esteirán republicano que vivía de traballar nas oficinas dos asteleiros da boca rioplatense.
Axudado pola familia, en 1948 gracias a unha amnistía do goberno franquista, Xosé Tobío Maio volta a Galicia. Aínda que quedara en suspenso a súa praza de funcionario, Conroa non perdería a súa condición de mestre, xa que daría escola na súa casa da Grais a varias xeracións de esteiráns que o idolatraron. Estes mozos foron os principais divulgadores á nosa xeración das Espiñas de Conroa. E por eles tamén tivemos a sorte de coñecer que o escritor continuara escribindo e que fixera unha segunda parte de Espiñas. Tamén que a súa intención era agrupar todos os poemas escritos en galego nun volume que titularía tamén Espiñas e os escritos en castelán noutro chamado Campanadas.
Para recuperar o seu posto de mestre nacional tivo que soportar en 1955 un humillante xuízo de revisión por parte do réxime franquista. Con un prego de cargos que sonarían practicamente ridículos si non se tratara de xogar coa vida e o futuro das persoas. Xosé tobío Maio foi acusado de:
- Ser activo militante del Frente Popular y destacado organizador de sociedades marxistas en el lugar de su residencia inculcando, como es natural, estas doctrinas antiespañolas a los alumnos de la escuela que por entonces regentaba.
- Como consecuencia de su ideología y actividades izquierdistas extremas, de carácter público y notorio en propagandas y mítines, su vida social se desarrollaba al margen de la Iglesia Católlica y de todo deber religioso personal lo que constituía un mal ejemplo vivo y permanente para sus alumnos.
- Su ideología y personalidad dirigente y activa en las organizaciones de la extrema izquierda, la dejó plasmada de manera auténtica en la carta de fecha 27/11/1935 unida al expediente, dirigida a D.Manuel Guzman, diputado de la ORGA, fusilado en consejo de guerra y a D.Francisco Prego, activista al servicio de Casares Quiroga, y en la cual se consignan las siguientes frases alusivas a la represión sangrienta de los intentos y preparación por entonces del Glorioso Movimiento Nacional que luego sobrevino “…de común acuerdo operar con mano segura para que ciertas enfermedades no vuelvan a retoñar. Quedamos con moito afán por saber o resultado do parto…”
- Al advenir el Glorioso Alzamiento Nacional, como dirigente izquierdista de la villa, quiso oponerse al triunfo del ejército y al verse perdido huyó con dirección desconocida abandonando su destino.
Recupera a súa praza no Ministerio de Educación e imparte escola en San Xosé de Ribarteme (As Neves) entre os anos 1957 e 1960. Despois voltará a Esteiro donde coincidirá co tamén mestre Victor Campio Pereira. Durante toda a longa noite de pedra franquista foi coñecedor do mundo exterior a través dun potente aparato de radio que tiña agachado no faiado da súa casa da Grais, pola que escoitaba as novas do exilio español e mesmo da BBC coa que fixo algunha colaboración.
Xosé Tobío Maio faleceu en 1971, co dictador vivo e sen albiscar aínda a alborada democrática que viviría o estado español nos anos setenta.
Nesta etapa final da súa vida foi cando coñeceu a Victor Campio Pereira, un xoven profesor que chegaba a Esteiro e ao que Conroa lle encomendou o manuscrito da súa novela que quedara sen publicar en 1936 e que el refixera posteriormente. Pasados outros vinte anos, a principios dos anos noventa, o escritor Campio Pereira púxose en contacto coa sociedade Esteirana para intentar cumplir o compomiso adquirido co autor de publicar “…cando se poidera…” a novela “O frade das dúas almas”. Por aquela, nós andábamos embarcados no proxecto da revista a Motora dos Canedos e aínda que economicamente non éramos quen de sufragar nen a publicación da nosa revista a idea pareceunos fantástica. E mesmo creamos unha comisión que tiña a intención non solo de publicar esta novela, senón de poñer en valor toda a obra e a figura deste insigne escritor esteirán.
Neste eido, a tripulación da Motora, entre os que estaban os actores Xosé Manuel Olveira, Francisco Cernadas Veloso, Víctor Fábregas e un amplio grupo de xente capitaneada polo mestre Xosé Agrelo Hermo, non fomos quen de publicar esta novela. O noso esforzo acadou uns froitos moi cativos pois solo conseguimos múltiples copias das poesías e algunha fotografía de Conroa, uns artigos sobre o escritor de Victor Campio e do profesor Alonso Montero para a nosa revista. E a autorización da neta para que a asociación cultural Canedos poidera publicar a obra de Xosé Tobío Maio. Pero penso que o noso esforzo mereceu a pena e que serviu humildemente para que a xente non se esquencera do escritor e acolla agora con ilusión a publicación da novela inédita de Conroa.
Gracias e noraboa a Victor Campio Pereira e a Editorial Galaxia por cumplir este vella faena que supuxo a angueira de varias xeracións de esteiráns entre as que eu me inclúo.
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com4tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-19762381542236351342009-06-08T18:17:00.015+01:002009-06-09T08:27:08.866+01:00AS ELECCIÓNS EUROPEAS DO 7 DE XUÑO DE 2009 NA COMARCA DE MUROS-NOIA(Foto: X.R. Alvite - LVG 02/06/09)
Espacios públicos reservados para propaganda electoral no concello de Mazaricos
Estas eleccións europeas nas que a abstención foi superior ao 50 % supuxeron un aplastante triunfo do Partido Popular. Tanto no conxunto de Galiza, con máis 49 % dos votos emitidos, como na provincia da Coruña donde obtiveron cáseque o 51 % dos votos. Na comarca de Muros-Noia a victoria do centro-dereita resultou aínda máis clara que no resto do país. Ao igual que ocurrira nas pasadas eleccións de marzo o PP logrou conseguir máis de un de cada dous votos dos que se emitiron na nosa comarca. O Partido Popular obtivo máis do 54 % dos votos da comarca de Muros-Noia.
O PP consegue no concello de Mazaricos os seus mellores resultados, obtendo máis de dous de cada tres votos emitidos neste concello. A pesar de que Mazaricos solo representa aproximadamente o 8% do electorado da comarca. O PP foi quen de obter neste concello máis do 10% do conxunto dos votos que o PP consegue na comarca de Muros-Noia.
Os piores resultados do Partido Popular foron os do Porto do Son. Donde a pesar de obter máis do 47 % dos votos, neste concello os populares quedaron máis de seis puntos porcentuais por debaixo da media do Partido Popular na comarca.
O PSdG-PSOE obtivo o 30 % dos votos da comarca de Muros-Noia. Quedando tres puntos porcentuais por debaixo das porcentaxes socialistas na provincia da Coruña e no conxunto do país.
Os mellores resultados socialistas son os do concello do Porto do Son. Donde o PSdG-PSOE recibe máis de seis puntos porcentuais por enriba da media da comarca. Pola contra, no concello de Mazaricos o PSdG-PSOE apenas obtén un de cada cinco votos emitidos neste concello.
O BNG acada un discreto 11 % dos votos da comarca de Muros-Noia. Sen embargo estes malos resultados son mellores que os números conseguidos polos nacionalistas tanto na provincia da Coruña como no conxunto de Galiza. Xa que o BNG nestas eleccións non foi quen de superar o 10 % dos votos nin na provincia da Coruña, nin no conxunto de Galiza.
Os mellores resultados do BNG son os obtidos no concello de Muros con cerca do 15 % do electorado, tres puntos porcentuais por enriba da media comarcal e catro máis que a media do país. A pesar de que o concello de Muros representa o 18 % do electorado comarcal, os votos obtidos polo BNG en Muros supoñen o 23 % dos votos totais dos nacionalistas na comarca de Muros-Noia. No concello de Mazaricos, os números do BNG sitúanse por debaixo da media de votos obtidos polos nacionalistas tanto na provincia da Coruña como no conxunto de Galiza.
ver os resultados das eleccións (...)Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-61084258697682344762009-06-01T11:07:00.006+01:002009-06-02T13:48:01.758+01:00QUÉ PASOU EN MUROS NO 2007?
Pero qué pasou en Muros…
Esta era a pregunta que me facían os meus amigos no verán do 2007. Sabedores do meu vello compromiso nacionalista e de esquerdas, vían en min a un defensor do acordo PSOE-BNG para o goberno dos concellos de Galiza. Ante a resposta dubitativa dun xa sabes como é a política local. Ou de que nos concellos sempre hai especificidades que condicionan todas as actuacións políticas. Incluso a apelación máis profunda de que o pacto para os concellos foi asinado na dirección correcta pero non tanto así no sentido adecuado. Que este tipo de acordos teñen que establecerse máis de abaixo arriba e non tanto de arriba cara abaixo, etc… Estas improvisadas argumentacións, eran respondidas polos meus amigos con un cómplice xa falaremos máis polo miúdo noutra ocasión que nos vexamos.
Todo esto foi agromando na necesidade de darlle unha explicación a consecución da alcaldía de Muros por parte de Domingos Dosil despois que recibir o apoio dos concelleiros do Partido Popular. Algo que fun aparcando por diversos motivos persoais pero que rexurde agora, en 2009, pola lectura dunhas declaracións de Xaquín Fernández Leiceaga. Un político ao que respeto profundamente e ao que lle unen lazos de amistade co meu irmán Xaquín.
O deputado socialista decía no xornal La Voz de Galicia (31/05/09): “…e temos dous lunares que nos gustaría resolver ben, que son os de Muros e Porto do Son. Deberíamos ter a alcaldía nestes concellos, pero por unha decisión incomprensible do que é o noso socio de goberno noutros sitios impediu chegar a alcaldía…”.
Eis, unha breve explicación para comprender o por qué en Muros pasou o que pasou, naquel verán de 2007.
Os resultados das eleccións municipais de maio de 2007 outorgáronlle ao PSdG-PSOE seis concelleiros, catro ao BNG e tres concelleiros ao PP. En ausencia de maiorías absolutas o novo goberno municipal debería sair dun acordo entre partidos ou da reedición dun novo goberno en minoría do PSdG-PSOE, como xa ocurrira no último tramo da anterior lexislatura.
Logo dunhas tímidas negociacións entre o PSdG-PSOE e o BNG; callaría un goberno municipal coaligado entre o BNG e o PP. Este acordo sería posible por varios factores:
1º. Axudaría a cultura política existente na cidadanía muradana. Maioritariamente non belixerante e acostumada a formación de gobernos municipais coaligados. Logo da experiencia de acordos en pasadas lexislaturas entre partidos ideoloxicamente moi distintos. Nos últimos doce anos xa houbera pactos de goberno entre PSOE-BNG, PSOE-PP e de novo PSOE-BNG.
2º. Tamén axudou a actitude do PSdG-PSOE, que confiando en acadar a maioría absoluta nos comicios electorais non propiciou o entendemento cos nacionalistas ata que xa se coñeceron publicamente a existencia de negociacións entre o BNG e o PP. Un posicionamento dos socialistas, se cadra, avalado polas súas espectativas electorais. Durante a campaña circulou unha enquisa financiada pola Mancomunidade Serra do Barbanza que mostraba a enorme satisfación do electorado co goberno muncipal de Caridad González e albiscaba unha maioritaria intención de voto para os socialistas.
No último tramo da lexislatura o PSdG-PSOE practicamente expulsara aos nacionalistas do goberno municipal. Unha ruptura do pacto de goberno entre socialistas e nacionalistas que se producía por segunda vez en dez anos. E que provocaría a desconfianza e o distanciamento entre os antigos socios. Que se presentarían ante o electorado anunciando a súa disposición a non reeditar ningún acordo de goberno na vindeira lexislatura. Aínda que no seo do PSdG-PSOE, e mesmo en certos sectores nacionalistas, confiaban en que os concelleiros do BNG finalmente apoiarían a investidura de Caridad González, mesmo sen entrar a formar parte do goberno municipal cos socialistas. Todo esto en virtude do acordo asinado para toda Galiza polas executivas do PSdG-PSOE e do BNG.
3º. Resultaría tamén beneficioso para o acordo a renovación feita no seo do Partido Popular. Os novos líderes conservadores interpretaban a súa estadía no goberno municipal como a mellor plataforma para consolidar o seu liderazgo no partido. E mesmo para recuperar un electorado propenso a apoiar nas eleccións municipais aos independentes do CDI. Un electorado que maioritariamente nestes últimos comicios se decidira pola candidatura de Caridad González.
4. Resultou asemade importante a decisión dos concelleiros nacionalistas, apoiada unanimemente pola súa asemblea local, de chegar a un acordo co PP, mesmo correndo o risco de resultar expulsados da propia organización política. Feito que finalmente non se chegaría a producir polo posterior desencontro entre nacionalistas e socialistas no seo da FEGAMP. Neste eido os concelleiros socialistas fixeron dende o principio unha presión importante a todos os niveis para lograr a caída do goberno de Domingos Dosil. Intentando deslexitimar o novo goberno, unha vez constituído, de forma sistemática e chegando incluso a movilizar a cidadanía en contra do goberno municipal. Esta estratexia de deslexitimación e belixerencia co goberno municipal continuou durante tempo e resultou amplificada por un medio de comunicación escrita moi favorable ás teses de Caridad González.
Penso que todos estes factores que conforman o que se pode chamar como as especiais circunstancias políticas do concello de Muros. Todo esto, xunto coa necesidade de dar entrada a aire fresco e dun goberno municipal autenticamente novo, máis transparente e respetuoso coa cidadanía. Estes foron probablemente os elementos fundamentais que máis propiciaron o acordo entre dous partidos políticos ideoloxicamente tan diverxentes como o BNG e o PP. As dúas organizacións políticas centráronse nun acordo de xestión municipal conservando os partidos unha total autonomía e liberdade nos seus posicionamentos políticos.
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-73260547654219657242009-04-17T10:47:00.004+00:002009-04-22T08:43:19.887+00:00O amigo, Nicolás Maio, nova promesa do xornalismo, pediume unha breve colaboración miña nun traballo que está facendo sobre a vila de Muros. Espero que lle valese:
«MUROS: O ADORNO DO MAR.
A vila de Muros forma parte do mesmo corazón das rías galegas. En canto a beleza natural destas rías podemos recordar a súa orixe divina. Xa que, según conta a lenda, foron formadas polo mesmo creador que unha vez rematada a súa tarefa, quixo contemplar a súa obra e apoiando a man sobre a terra cos seus cinco dedos foi como Deus creou as rías baixas galegas.
A ría a que Muros pon o seu nome xurde ao abrazarse o río Tambre co océano Atlántico. Abarcando na súa bocana dende o espectacular Monte Louro polo norte ata o enigmático castro celta de Baroña polo sur. A vila de Muros sitúase no interior da ría, ao abrigo do cabo Rebordiño, conformando un porto natural dos máis bonitos de Galicia.
Muros constitúe un auténtico «adorno do mar». Esta é, moi posiblemente, unha das expresións máis acaídas para definir a Muros. Foi acuñada polo poeta local, Xosé Tobío Maio, no libro Espiñas que publicou durante o seu exilio arxentino en mil novecentos corenta e un.
Contemplando o escudo de Muros podemos facer un breve repaso pola súa longa historia. O león e o castelo constitúen o recordo da dependencia da vila aos soberanos de Castilla. Foi o rei Sancho IV el bravo o que en 1286 aprobou o real privilexio que outorgaba o alfoz de Muros para o territorio que se sitúa entre as desembocaduras dos ríos Xallas e Tambre. As vieiras refírense a dependencia da vila á mitra compostelana. Foi en 1298 cando Muros deixou de ser vila de realengo por donación do rei Fernando IV ao arzobispado de Santiago de Compostela. A carabela lembra a participación en 1487 dos navíos muradáns na conquista de Málaga. O engadido de moi humanitaria, ao de vila moi noble e moi leal, foi concedida polo rei Borbón logo do acollemento na vila aos naúfragos do buque Cardenal Cisneros en 1905.
O visitante a Muros poderá observar edificios e elementos de todos os estilos arquitectónicos simplemente con un pequeno recorrido polas rúas da vila. Sen ánimo de facer unha relación exhaustiva resulta de xustiza nomear expresamente a colexiata de Santa María do Campo e o santuario da Virxe do Camiño como as edificacións máis relevantes de Muros. Pero a vila de Muros conta con un extenso número de monumentos que o visitante descubrirá logo duns sinxelos paseos pola vila. En Muros pódese disfrutar dunha das máis típicas fachadas marítimas de Galicia. Xa que conta con un dos cascos históricos máis extensos e mellor conservados do país.
A tradición mariñeira da vila está perfectamente reflexada na súa fachada marítima ao longo de toda a antiga rúa do mar. Esta rúa sería renombrada nos primeiros anos da transición democrática como avenida Castelao, na honra do insigne galeguista. Se cadra nos políticos muradáns daquel tempo pesou algo a intención de desmontar un dito que durante moitos anos circulaba polos portos do litoral galego. O conto era que un grupo de mariñeiros que estaban xuntos no peirao comentaban o recente naufraxio dun pesqueiro e o rescate dos seus tripulantes. Cando se preguntaban pola procedencia dos naúfragos, do grupo salía un que contestaba: “eran todos galegos menos o patrón, que era de Muros”.»Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-38612089579561291832009-03-13T12:48:00.002+00:002009-03-13T12:54:32.181+00:00PASADO e FUTUROA. Núñez Feijóo: “Nas vindeiras eleccións os votantes non van elexir entre a esquerda ou a dereita, nen nacionalismo ou non nacionalismo, senón que van votar pasado ou futuro…”
Estas palabras do vindeiro presidente da Xunta de Galicia expresadas diante dos seus siareiros logo da recente victoria electoral levan, na miña opinión, implícitas unhas intencións de fondo calado teórico. Os cleavages tradicionais no sistema político galego son a confrontación esquerda-dereita ao que se lle engade a confrontación nacionalismo-non nacionalismo. A proclamada intención de superar estes cleavages por unha nova confrontación entre pasado e futuro, fai agromar esta breve reflexión.
En canto a confrontación esquerda-dereita, se ben é certo que na actualidade se está diluíndo a loita entre os partidos políticos tradicionais, converténdose en agrupacións cacht-all no obxectivo de achegarse aos sectores máis amplos da sociedade e apañar o maior número de votos posible, perdendo gran parte do seu ideario tradicional de defensa dos intereses de clase. Tampouco é menos certo que non son iguais as políticas plantexadas polas teorías socialdemócratas de incrementar a cobertura da sanidade pública, a educación e a protección social. Que as teorías de corte liberal basadas na supremacía do mercado e na non intervención estatal nos principais asuntos políticos, quedando relegado o Estado a un papel subsidiario e residual.
Nun sentido amplio, polas políticas que se desenrolan, non é o mesmo ter no goberno a un partido de esquerdas que a outro de dereitas.
En sitios, como en Galiza, nos que a poboación ten un certo sentimento de país. E donde existen algúns dos elementos que tradicionalmente conformaron a idea de nación. Apareceu no debate político o cleavage nacionalismo-non nacionalismo. No seo desta confrontación xurde a idea da necesidade de institucións propias para o desenrolo de políticas de defensa da identidade que a autonomía galega representa hoxe en día para a maioría da poboación de Galiza.
Este foi o terreo de xogo teórico no que os partidos políticos se disputaron a confianza dos galegos nos procesos electorais que houbo ata agora. E os cidadáns escolleron os seus representantes sabedores, en certa medida, dos posicionamentos de cada partido nestes dous eidos de confrontación política. Así interpretouse ao BNG como defensor da identidade galega con posicionamentos socialdemócratas, observando un enfriamento das políticas máis esquerdistas para gañarse a certo electorado de centro-dereita que albisque a necesidade dunha forza política propia do mesmo xeito que as outras autonomías hostóricas do estado. O Partido Popular representa a organización que ocupa o espazo político do centro-dereita, sendo quen tamén de aglutinar no seu seo algunhas políticas autonomistas, penetrando no espazo político do nacionalismo moderado. O Partido Socialista ocupa o espazo político de centro-esquerda, representando tradicionalmente unha organización de posta en práctica de políticas socialdemócratas. Xogando un papel menor no cleavage nacionalista pola presenza de destacadas ideas xacobinas no seu seo.
Nun afán superador da actual confrontación política o lider do PP fala agora de que o vindeiro debate teórico vai ser entre o pasado e o futuro. Este cleavage require un certo repouso e interpretar con calma estes dous conceptos. Xa que a idea do progreso da sociedade dende unha perspectiva racional atopouse ao longo do seu desenrolo histórico coa tradicional confrontación esquerda-dereita que vai aparecer agora sobardada. Non vaia ser que vaiamos dar unha volta para rematar chegando ao mesmo sitio no que xa estábamos. No plano teórico, claro...Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-11130884714227950532009-03-02T17:05:00.009+00:002009-03-03T07:18:09.311+00:00ADEUS Á XUNTA BIPARTITA (PSOE + BNG) ...
Os resultados destas eleccións foron o 47,1% dos votos para o PP, o 29,9% para o PSdG e o 16,6% para o BNG. O que supón a maioría absoluta para o Partido Popular con 39 deputados no Parlamento de Galiza, 24 para o PSOE e 12 para o BNG.
Na provincia da Coruña as porcentaxes do electorado acadadas polos principais partidos foron: PP 45,9 %, PSdG 29,6 e BNG 16,2 %.
Mentras que se nos restrinximos á nosa comarca da ría do Tambre as porcentaxes foron as seguintes: PP 51,5%, PSdG 26,7% e BNG 18,0%.
O que significa que o PP segue a ser o prinicipal partido. Chegando a superar a fronteira de un de cada dous votos. Acadando na comarca uns excelentes resultados que son mellores que os da provincia da Coruña e no resto de Galiza.
O PSdG con cerca de un de cada catro votos, pola contra, acada na comarca uns resultados tres puntos porcentuais máis baixos que os conseguidos no resto de Galiza.
O BNG acada uns resultados que se ben son maiores que os recibidos polos nacionalistas na provincia da Coruña e no resto de Galiza, non loga recibir o apoio de unha de cada cinco persoas.
Afinando un chisquiño máis, observamos que o PP segue recibindo os seus mellores resultados no concello de Mazaricos con máis do 58% dos electores deste concello o que supón cáseque o 11% dos votos populares na comarca. En todos os concellos recibe o apoio de máis de un de cada dous votantes. E solo nos concellos de Porto do Son e Muros non logran os populares superar a barreira do 50% dos votos.
Os socialistas tan solo conseguen manter a media de votos obtidos no conxunto do país no concello de Porto do Son, o seu principal bastión electoral da comarca. Pola contra en Mazaricos o PSdG solo logra o apoio de un de cada cinco votantes.
O BNG tivo en Muros os seus mellores resultados co apoio do 22% do electorado. Catro puntos porcentuais por encima da media comarcal e máis de seis puntos por enriba da media de apoios acadados polos nacionalistas no conxunto de Galiza. Recibindo en Muros o 23% do conxunto dos votos nacionalistas da comarca a pesar de representar solamente cerca do 19% do electorado da comarca. Estes datos do BNG, se cadra, poden estar influenciados pola presencia da alcaldía nacionalista no concello de Muros. Os peores resultados dos nacionalistas son os obtidos no concello de Lousame, donde o BNG queda relegado ó apoio do 14% do electorado.
Este 1 de marzo de 2009 pasará a historia electoral como a data final do goberno bipartito (PSOE-BNG) na Xunta de Galicia. Parece que os períodos de gobernos de esquerda na administración galega están condenados a ser uns breves parénteses nun universo de gobernos da dereita.
ver os resultados das eleccións (...)
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-32016133077746167152009-02-08T17:41:00.007+00:002009-02-08T18:07:24.245+00:00AS ELECCIÓNS DE 2005 NA COMARCA DE MUROS E NOIA
Manuel Fraga celebra o resultado das eleccións (19/06/05)
Foto: EFE
Esta é unha visión rápida do resultado das pasadas eleccións ao Parlamento de Galiza do 19 de xuño de 2005 na comarca de Muros e Noia. Esta comarca natural ás beiras do rio Tambre está formada polos concellos de Lousame, Mazaricos, Muros, Noia, Outes e Porto do Son.
As eleccións do 2005 foron os últimos comicios aos que se presentaba Manuel Fraga Iribarne como candidato do Partido Popular (PP) á Xunta de Galiza.
Os resultados destas eleccións foron o 44,9% dos votos para o PP, o 32,5% para o PSdG e o 19,6% para o BNG.
Na provincia da Coruña as porcentaxes do electorado acadadas polos principais partidos foron: PP 42,5 %, PSdG 32,5 e BNG 21,5 %.
Mentras que se nos restrinximos á nosa comarca as porcentaxes foron as seguintes: PP 47,5%, PSdG 30,1% e BNG 21,1%. €
O que significa que o PP segue a ser o prinicipal partido na comarca. Chegando a conseguir cáseque un de cada dous votos. Acadando na comarca uns mellores resultados que no resto de Galiza. Uns cinco puntos porcentuais máis que os resultados na provincia da Coruña e máis de dous puntos por enriba dos resultados acadados en todo o país.
O PSdG con cerca de un de cada tres votos, pola contra, acada na comarca uns resultados dous puntos porcentuais máis baixos que os conseguidos no resto de Galiza. E o BNG consegue na comarca o apoio de unha de cada cinco persoas, con uns resultados que se ben son maiores que a media do país, son unhas décimas máis baixas que o apoio acadado polos nacionalistas no conxunto da provincia da Coruña.
Afinando un chisquiño máis esta ollada observamos que o PP consegue os seus mellores resultados no concello de Mazaricos con máis do 58% dos electores deste concello o que supón o 11% dos votos populares na comarca. En Lousame e Outes tamén conseguen máis do 50% do electorado, supoñendo estes dous concellos o 8% e o 11%, respectivamente dos votos acadados polo PP na comarca. Mentras que o concello de Porto do Son foi onde peores resultados conseguiron chegando ao 40% do electorado sonense.
Os socialistas tiveron de Porto do Son o seu principal bastión electoral con máis do 37% dos votos deste concello o que supón o 23% do electorado socialista na comarca. Pola contra en Mazaricos o PSdG solo logra o apoio de un de cada cinco votantes.
O BNG tivo en Muros os seus mellores resultados co apoio de máis de un de cada catro votantes. Catro puntos porcentuais por encima da media comarcal. Recibindo en Muros o 23% do conxunto dos votos nacionalistas obtidos na comarca. Mentras que os peores resultados recibeos o BNG no concello de Outes donde solo obtivo o apoio do 16% do electorado.
Agardemos ao 1 de marzo para medir de novo o pulso da nosa sociedade. Xa que ss procesos electorais constitúen un magnífico indicador social.
ver os resultados das eleccións (...)
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-8451000721731019222008-03-14T09:48:00.002+00:002008-03-14T10:01:48.993+00:00ELECCIÓNS XERAIS - 9 DE MARZO DO 2008
Nestas eleccións resultou gañador o PP (44%). Consegue un importante apoio electoral en todas as parroquias, sendo en Muros donde cimenta os seus bos resultados, chegando a conseguir o apoio de un de cada dous votantes representando o máis importante nicho de votos do municipio de máis do 12% do electorado. O partido popular obtivo os piores resultados nas parroquias de Tal e Abelleira donde recibeu o apoio de un de cada tres votantes.
A segunda forza política foi o PSOE (39%). Conseguindo os seus mellores resultados nas parroquias de Tal, Louro e Serres donde supera ampliamente a súa media estando cerca de recibir un de cada dous votos nestas parroquias. Os piores resultados para os socialistas son os obtidos nas parroquias de Torea e Abelleira.
O BNG (17%) Obtivo os seus mellores resultados en Abelleira, Tal e Esteiro nas que supera o 20% do electorado. Os nacionalistas teñen moitas dificultades nas parroquias de Muros e Serres donde non chegan a recibir o 15% dos apoios nas dúas parroquias máis grandes do municipio que suman máis do 50% do electorado.
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-40924359048737440102007-12-05T09:25:00.000+00:002007-12-18T09:33:14.226+00:00HOMENAXE A AGRELO
Resúltame moi dificil falar de Pepe Agrelo en pasado. Son tantos os proxectos en común que aínda temos cocendo no forno que vai alá máis dun ano do seu pasamento e aínda non me dou acostumbrado. Foron tantas as tardes de maquinar, de idear, de preparar choios que xa non vou ser quen de levalos adiante eu solo. Acórdome agora da arrancadeira, do camiño do solpor, da historia dos cataláns, dunha representación de Matria do noso admirado Álvaro das Casas. Non sei como vou facer coa súa ausencia.
En homenaxe ao mestre conseguimos elaborar este primeiro cabodano unha nova singradura da MOTORA dos canedos. Intentamos seguir con fidelidade o espíritu co que naceu a revista naquela tarde de outuno ao redor duns vasos de viño do ribeiro no local da esteirana. Como sempre trátase dunha singradura breve. Pois a nosa navegación sempre foi costear. Sair de alborada co vento terraliño ata o profundo e regresar a porto no serán coa axuda da maraxe. É unha publicación pequena de homenaxe na que participamos algúns amigos e alumnos. Poucos porque as nosas bodegas non nos permiten estibar máis carga. Pero hai moito mar e haberá outras singraduras, seguro.
Ao igual que a maioría dos veciños de Esteiro eu tamén penso que Agrelo merécese un recoñecemento de carácter permanente na nosa comunidade. Unha estatua que recorde o seu traballo ás vindeiras xeracións. E mesmo propoño que a súa figura forme parte dunha orde de figuras exemplares, boas e xenerosas, que pola nosa banda sempre se chamaron “patrianos dos de tres en cunca”.
ver a revista completa (...)
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-67989846646963168672007-09-19T20:53:00.000+00:002007-09-19T21:08:37.761+00:00ÚLTIMAS NOVAS SOBRE A ILLA DA CREBA
PARLAMENTO DE GALICIA
A COMISIÓN 2ª, DE ORDENACIÓN TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS, MEDIO AMBIENTE E SERVICIOS APROBOU HOXE A SEGUINTE PROPOSICIÓN NON DE LEI
Proposicións non de lei ante a Comisión -07/PNC-0156 (9876)
Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Pontón Mondelo, Ana Belén
Sobre as actuacións que se deben levar a adiante para restituír a titularidade pública da illa da Creba
Publicación da iniciativa, BOPG núm. 170, do 30.06.2006
Texto da iniciativa:
-“O Parlamento insta á Xunta de Galicia a:
1. Levar adiante as actuacións necesarias para a restitución da titularidade pública da Illa da Creba, conforme a planificación que se estabeleza para a protección das illas do litoral galego e a restitución da titularidade pública.
2. Realizar un estudo sobre os valores medio ambientais da Illa da Creba e dos fundos mariños, a fin de valorar a posibilidade de protexer este espazo a través dalgunha das figuras recollidas na Lei 9/2001, do 21 de agosto, de conservación da natureza, ou de incluíla na proposta para a ampliación da Rede Natura 2000 en Galicia.
3. Facer as xestións necesarias a fin de axilizar o proxecto de restitución da zona de dominio público marítimo-terrestre, garantindo que as obras de restitución non afecten á actividade pesqueira e marisqueira desta zona”.
Resultado da votación: Aprobada por unanimidade.
Santiago de Compostela, 19 de setembro de 07
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-78895951609987402552007-07-25T10:45:00.000+00:002007-07-25T10:52:55.404+00:00OS CAMPOS DE CONCENTRACIÓN DE MUROS: 1300 PRESOS EN 1937.Moito se ten oído falar sobre a instalación no concello de Muros durante a guerra civil de campos de concentración con prisioneiros procedentes maioritariamente da fronte de Asturias. Sen embargo, constan moi pouquiños datos sobre as características dos mesmos. Apenas a verificación da súa existencia e unha rúa que parece ser que conserva o nome dun oficial responsable do presidio. E moi poucas cousas máis.
Eu tiven a sorte de poder recoller a testemuña de persoas que aínda lembraban ter acompañado, de cativos, á súa nai para levarlle alimentos aos presos do campo de Anido en Serres. Exercendo así unha solidariedade que eles tamén agardaban que se tivese cos seus familiares combatentes no bando republicano e presos noutras zonas do estado. A xente mostrábase así disposta a repartir aquelo do que non tiñan e camiñaban cara a Muros arríscandose a atopar no camiño coa garda civil ou dar coa temida patrulla de falanxistas, que naquela época sementaría o terror polas estradas da comarca.
Sen embargo, pola súa corta edade, éstas persoas tan solo podían recordar efectivamente ter ido coas súas nais e pouco máis. Sen poder dar ningunha explicación que non fose acreditar os malos tempos que tiveron que soportar e a moita fame que pasaron.
Gracias ao tesouro histórico que significa o arquivo municipal de Muros e a colaboración da responsable da súa custodia, dona Pepita Fernández, a quen agradezo snceiramente a súa amabilidade e comprensión na miña búsqueda, podemos dimensionar o volume dos campos de concentración existentes en Muros polo menos a altura de novembro de 1937 en 1300 presos. Unha cantidade de xente que supoñía máis do 10% da poboación total do municipio. Así como tamén podenmos dar conta dalgunha das miserentas condicións nas que vivíron os prisioneiros de guerra.
Nunha carta o daquela alcalde de Muros transmitíalle ao gobernador civil da provincia os motivos das súas malas relacións co comandante militar da vila. Que provocaran unha denuncia do militar queixándose do alcalde por terse negado a prestarlle auxilio ás autoridades militares. Nesta misiva, que recorda moito polo seu contido a loita de dous galos dentro dun mesmo poleiro. E que está datada o 12 de novembro de 1937, dise textualmente:
“…No primeiro do actual, foron traídos a campos de cncentración situados neste pobo uns 1.300 prisioneiros de guerra, e como faltasen bombillas para o alumado de tales centros esta alcaldía prestouse gustosísima, como non podía ser menos, a facilitar todas as que foron precisas, das reservadas para o alumado público, auxilíandolles ademais con verdaeiro amor para xuntar auga, palla para albergarse, leña e todo o demais preciso, de que se carecía nas citadas concentracións, tal vez por descuido da persoa encargada para que estivese preparado todo o necesario con anticipación á chegada dos prisioneiros a este pobo (…)
Con data 5 do corrente (11/1937) ordenara dito comandante militar entre outros servizos que se cumpriron por esta alcaldía dispuxera a instalación en cada campo de concentración de un servizo de palanganero completo, recordando esta orde a medio de comunicación datada o 9 do actual…”
Pola disputa entre as autoridades civís e militares, podemos acreditar a dimensión do presidio e temos un mínimo coñecemento das condicións nas que malviviron os prisioneiros de guerra. Este escrito dun acalde franquista serve de testemuña dunha negra época da nosa historia na que o alcalde lexítimo de Muros D.Xosé Veloso Maio, acabaría tamén preso, neste caso no penal de Santoña (Cantabria) –como se mostra na fotografía- .
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-2953468505470891772007-05-28T21:46:00.000+00:002007-05-29T06:49:16.396+00:00AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS EN 2007 EN MUROS
Prema aquí se quere ver resultados electorais por mesas (...)
Nestas eleccións resultou gañador o PSOE (40%). Sendo nas parroquias de Muros, Serres e Louro dónde mellores resultados obtivo chegando a conseguir o voto de cáseque un de cada dous votantes nestas parroquias. O partido socialista obtivo os piores resultados nas parroquias de Abelleira e Esteiro donde non consegue superar a barreira do 30% dos votos destas parroquias.
A segunda forza política do concello foi o BNG (30%). Conseguindo os seus mellores resultados en Abelleira donde recibe cerca de un de cada dous votos, e en Esteiro donde acada máis de un de cada tres votos da parroquia. Os piores resultados para os nacionalistas son os obtidos nas parroquias de Louro, Serres e Muros donde solo acada un de cada catro votos emitidos.
O PP (25%) foi o partido que quedou en terceiro lugar. Obtivo os seus mellores resultados en Louro, Tal e Esteiro conseguindo un de cada tres votos da parroquia. Será nas parroquias de Muros e Serres donde acada os piores resultados, conseguindo solo un de cada cinco votos emitidos nestas parroquias.
O partido independente AVIM (4%) non foi quen de acadar representación nen de conseguir un número de votos significativo en ningunha parroquia do concello. AVIM non foi quen de aglutinar o voto independente de outras convocatorias electorais.
Estas eleccións nas que o PSOE obtivo unha victoria importante evidenciaron significativamente a diferente orientación do voto entre dúas partes do concello. Por unha banda os nacionalistas (1796 votos) dominan nas parroquias de Esteiro, Tal, Abelleira e Torea. Mentras que os socialistas (2446 votos) obteñen a victoria ampliamente cimentada nas parroquias de Louro, Serres e Muros.
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-79724856390042725872007-05-25T18:50:00.000+00:002007-05-25T19:02:12.035+00:00AS ELECCIÓNS MUNICIPAIS DE 2003 EN MUROSNas eleccións municipais de 2003 resultou vencedor o CDI (29%) mostrándose como un partido moi forte en Muros donde conseguiu o 40% dos seus votos recollendo cáseque un de cada dous apoios dos votantes da Vila. Pola contra a parroquia de Louro foi donde piores resultados acadaría non chegando ao 7% dos votos.
O segundo partido sería o PSOE (28%) recibindo o apoio principalmente na parroquia de Louro. Unha parroquia que aporta o 12% do electorado pero na que os socialistas conseguiron o voto de cáseque un de cada dous veciños. Pola contra o PSOE tivo dificultades sobre todo en Esteiro donde solo acadaría o apoio de un de cada cinco esteiráns
O BNG (23%) recollería principalmente os seus votos nas parroquias de Esteiro, Tal e Abelleira, donde recibiu o apoio de un de cada tres votantes. Mentras que o BNG tivo dificultades para recibir o apoio do electorado nas parroquias de Muros, Louro e tamén de Serres.
O PP (18%) recibiu cáseque unha cuarta parte de todos seus apoios en Esteiro a pesar de solo acadar o voto de un de cada cinco votantes esteiráns. A vila de Muros supuxo un duro golpe para os populares que os levaría a perder as eleccións xa que solo recibiron o voto do 15% dos votantes muradáns.
Finalmente hai que destacar os cinco prinicpais nichos de votos máis importantes, xa que entre todos sumaron cáseque o 40% dos votos de todo o Concello. Foron por esta orde: os apoios do CDI en Muros, os votos do PSOE e do CDI en Serres, os do BNG en Esteiro e os votos do PSOE en Muros.Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-81804227465666092852007-04-24T21:35:00.000+00:002007-04-24T21:45:20.510+00:00As coalicións de goberno no Concello de Muros no período 1995-2007.
Este traballo pretende acercarse ás coalicións de goberno local que se formalizaron no Concello de Muros (A Coruña) no período que vai de 1995 a 2007. O obxectivo será tratar de coñecer os principais motivos, as características dos executivos e os resultados que se obtiveron coa constitución de tres acordos de goberno local entre os principais partidos políticos galegos. Foron tres coalicións que lle permitiron ao Partido Socialista conservar ininterrompidamente a alcaldía de Muros durante este período. En 1995 gracias a un acordo entre o PSOE e o BNG. En 1999 por un acordo entre o PSOE e o PP. E en 2003 por un pacto de goberno subscrito outra volta entre o PSOE e o BNG. Aínda que en realidade estes tres acordos fructificaron en cinco executivos coaligados distintos debido a especiais circunstancias que suporían aos falecementos dos rexedores Xosé Lago e Celestino Formoso en plena vixencia dos seus mandatos. Este extremo obrigaría a renovar os acordos subscritos ao encetar a lexislatura, se ben con outros interlocutores distintos aos que formalizaran inicialmente os pactos de goberno. Imos centrarnos en clasificar os factores que posibilitaron a xestación dos sucesivos pactos de goberno. Intentar coñecer a importancia e o alcance dos mesmos dende un enfoque multidimensional. Polo que debemos ter en conta non soamente os factores ideolóxicos e a aritmética electoral. Senón tamén que pretendemos estudiar outras motivacións que puideron favorecer os acordos de goberno. Partindo da hipótese de que as coalicións de goberno fructificaron principalmente pola vontade de acordo e pola predisposición das elites políticas a entrar a formar parte do goberno a pesar das diferencias ideolóxicas e resolvendo todos os avatares experimentados en lexislaturas anteriores.
O estudio das coalicións.
A principal característica dun goberno de coalición é a presencia de máis dunha formación política no executivo. Para o estudio dos gobernos de coalición pódense empregar principalmente dous enfoques: por unha banda están as teorías formais, preocupadas por predecir os futuros gobernos de coalición con estudios centrados na aritmética electoral e nos factores ideolóxicos. E por outro lado están os enfoques multidimensionais centrados en explicar o funcionamento interno e a duración da coalición de goberno.
Se ben algunha dimensión -xurídica, institucional, electoral, sistema de partidos, cultura política, etc…- pode ter máis peso que outra. Todas as dimensións deben concibirse relacionadas entre si, inseríndose no funcionamento do sistema político.
A primeira liña de investigación sobre a creación dunha teoría de coalicións políticas nacería ao abeiro da teoría de xogos de Von Neumman e Morgenstern aplicada durante os anos cincuenta e sesenta do século vinte. A teoría de xogos abriu un campo enorme de posibilidades nas ciencias sociais. Os principais expoñentes foron Riker (1962) e Leiserson (1966). Para Riker a coalición gañadora sería a que se formase con un tamaño mínimo e co menor número de partidos. Engadindo Leiserson que os partidos con preferencias ou programas similares constituirían a coalición gañadora mínima de menor heteroxeneidade. O factor de negociación vai convertese en clave para acadar o acordo definitivo. Axelrod (1970) tamén ten en consideración a proximidade ideolóxica ao deseñar unha coalición gañadora mínima afín integrada por partidos próximos no espectro político. De xeito que a coalición exitosa non precisa ser necesariamente a coalición mínima.
Unha segunda tradición parte dos traballos de Duverger (1951) sobre as institucións e os partidos políticos. O modelo de Duverger resultaría paradigmático nos estudios europeos. O contexto europeo resultaría propicio para practicar un enfoque institucional e comparativo da formación dos gobernos tomando como base da política aos partidos. Mentres que nos Estados Unidos valorouse máis o coñecemento do comportamento dos líderes e dos grupos sociais e políticos nos procesos de negociación sobre o reparto de postos e a execución de políticas concretas. Os traballos de Duverger, Lijphart, Blondel, Rokkan, Linz e Sartori foron investigacións empíricas e teóricas comparativas que se centraron no proceso de formación de goberno no marco do sistema político xeral e do sistema de partidos. A análise dos partidos políticos constitúe o fundamento e o trazo máis peculiar das investigacións europeas de coalicións políticas. Os partidos son os protagonistas das alianzas. Pero as alianzas solo son posibles se a historia, a base social, a cultura política, a estructura e a ideoloxía o permiten.
En terceiro lugar atopamos unha tendencia de investigación sociopsicolóxica das coalicións creada por Caplow (1956), que continuarían Gansom (1961) e Chertkoff (1967). A partir dos anos cincuenta desenrolouse esta vertente nos estudios sobre coalicións coas investigacións en sociopsicoloxía que levaron a Caplow a traballar sobre xogos coalicionais dentro de grupos pequenos. Nesta mesma liña seguirían os estudios de Gamson e Chertkoff.
Finalmente hai que mencionar outra corrente teórica de estudios sobre a toma de decisións democráticas baseada no comportamento racional proposta nos traballos presentados por Downs (1957), Black (1958) e Buchanan e Tullock (1962).
Neste traballo vou empregar o esquema específico para a investigación das coalicións postelectorais nos gobernos locais deseñado polo profesor da Universidade de Santiago, Guillermo Márquez Cruz.
ver o texto completo (...)
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-30510868883569800142007-03-19T09:14:00.000+00:002007-03-19T09:23:08.168+00:00Conversa con D.XOSÉ AGRELO HERMO
Pequeno adianto da que probablemente sería a derradeira entrevista de D. Xosé Agrelo Hermo (1937-2006). Conversa que sairá publicada dentro de pouco tempo nunha revista - homenaxe que se está elaborando para a lembranza e o recoñecemento do noso singular compañeiro e mestre.
- Como foron os teus inicios co nacionalismo?
A min colléronme no setenta e cinco. Practicamente integráronme dentro da organización -foi Eleuterio-. Eu xa non era un rapaz, xa tiña trinta e sete anos. Era un home xa maior. Parece ser que foran porque eu dirixía o teatro Candea (…).
A selección de militantes facíase case sempre en base a dúas cousas: unha era o uso da lingua. Fixábanse na persoa que nun principio tivera certa influencia e certa capacidade de liderazgo, que fora fiel a lingua primeiro. E outra que foras moi bo profesional, tamén. Era no que se fixaba moito a xente. Cando se ía a captación estábamos en plena clandestinidade. Polo tanto ninguén se podía apuntar a un grupo político nin a nada. Senón que ías a captalo, ías a collelo… Entón mírabase de facer uns contactos directos. Mirábase como respiraba, en principio... polo menos cando eu xa estiven no Consello Nacional. E cando me captaron a min, por exemplo, Eleuterio Formoso empezou a ir con nós ao teatro. El non facía teatro, decía podo ir convosco e ía. Dentro do grupo de teatro Candea xa había unha militante….
- Falemos un pouco da transición…
Era duro no setenta e oito decirlle á xente que a Constitución era mala. Cando estiveras reclamando sempre por unha Constitución (…) E distinguirlle que era españolista. Ahí xa tiñas que decirlle que era boa para España pero non para nós. Entón ahí viña o conflicto de que che entenderan. Que no fondo non era máis que eso: «esto é España, e nós non somos España. Nós somos unha nación. Estamos dentro dun estado que lle chaman España, pero nós somos distintos, vivimos nun país distinto». Non era máis que isto, solo con que entenderan isto, xa estaba. (…) Que en Euskadi, abstivéranse. Cando uns amigos de Herri Batasuna, non sei se era Herri Batasuna daquela. Eu estaba por alí e aproveitaron para facer unha charla. A mín presentáronme como o home do “ez”. Eses tiveron os santos collóns -decía o presentador- de decirlle que non ó Estatuto, e nós abstémonos (…)
- Finalmente, poderías facer unha valoración persoal deste período.
A nivel individual, eu penso que ese traballo realmente si algo queda hoxe do nacionalismo, se o nacionalismo ten un respecto por parte da xente é gracias a aquelas accións. E ese rescoldo aínda segue. E que agora hai un retroceso en moitas cousas, na lingua…Pero que volves a recoller porque quedara aquél rescoldo do traballo (…)
Eu perdín moitísimo tempo, perdín moitísimos cartos…porque tiñas unha familia e non vías un céntimo, todo ía para alí. A vantaxe é que tiven unha compañeira que aceptou, porque outros…xente dunha valía extraordinaria, abandonaron os estudios…
Pero todo iso valeu a pena, porque iso, esa construción deste país eu penso que foron os cementos de todo isto, do que é o nacionalismo hoxe…
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-10940678957884458272007-03-02T18:18:00.000+00:002007-03-02T18:33:44.371+00:00O DEVALAR DUNHA FORZA POLÍTICA ANTISISTEMA: BN-PG (1977-1982).
índice
1. Obxectivo do traballo.
2. A creación do BNPG.
3. A postura ante a reforma política.
4. As primeiras eleccións democráticas de 1977.
5. A Constitución Española.
6. As convocatorias electorais de 1979.
7. A xestación dunha nova fronte nacionalista.
9. Conclusión.
1. Obxectivo do traballo.
O traballo vai consistir no estudio do Bloque Nacional-Popular Galego. Unha unha forza política que foi creada en 1977 dende o nacionalismo galego coa finalidade de participar nos procesos electorais que ían ter lugar durante a transición democrática española.
Como veremos trátase da coalicción electoral entre dúas organizacións nacionalistas (ANPG/UPG). Que tiña por obxectivo sobardar o marco da Constitución de 1978 e que pulaba pola soberanía nacional de Galicia. Propoñendo como programa político as “Bases Constitucionais” para a participación da nación galega nun pacto federal do estado español.
A idea que se presenta no traballo é que foron os procesos de institucionalización que se derivan das sucesivas participacións nos comicios electorais. Os que van a supoñer un factor determinante para a moderación dos obxectivos perseguidos por este grupo político. Moderación que vai afectar tanto aos obxectivos, como a propia actuación política levada a cabo polos nacionalistas.
Se cadra este devalar o foi froito dun exercicio de realismo político. Ante as dificultades de superviviencia, a cativez dos resultados e pola necesidade de non ceder o espacio político aos outros partidos. Pero tamén se viu influído polas propias dinámicas da actuación política que se retroalimentaronn a si mesmas. E que fixeron avanzar a transición democrática. Pechando a porta ás posibilidades soberanistas que os nacionalistas arelaban Temos que pensar que se parte dun discurso en 1975 practicamente independentista. Para chegar no 1982 coa creación do BNG, a formar unha organización que pretende contribuir ao crecemento da conciencia nacional do pobo galego utilizando o marco institucional vixente.
O traballo articúlase en forma dun relato temporal dos feitos electorais máis destacables durante o período estudiado. Adobado coa interpretación de documentos propagandísticos do BN-PG e de revistas e xornais da época. Engadíndo finalmente ao traballo unha serie de entrevistas persoais con protagonistas directos deste proceso. Trátase observar as súa interpretación persoal deste proceso. Posto que todos cumplen a condición de que empezaron a militar no nacionalismo antes da creación do BN-PG e foron protagonistas directos do período.
2. A creación do BNPG.
O BNPG (Bloque Nacional-Popular Galego) foi creado en 1977 como unha alianza electoral entre dúas organizacións políticas nacionalistas: a UPG (Unión do Pobo Galego) e a ANPG (Asamblea Nacional-Popular Galega), co obxectivo de articular unha alternativa electoral soberanista á política autonomista que se ía abrir paso no proceso da transición democrática española.
2.1. A UPG.
A Unión do Pobo Galego é un partido que foi creado en 1964 por antiguos militantes do partido galeguista, da federación de mocedades galeguistas e esgazadados do consello da mocidade e do PCE. O obxectivo político da UPG pasaba pola implantación dunha sociedade comunista en Galicia. O seu campo de actuación nunha primeira etapa restrinxiuse a comarca de Vigo e ós aspectos máis teóricos da revolución socialista e a conseguinte toma do poder polo proletariado. Co seu lema «Por unha Galicia Ceibe e Socialista» buscaban resumir nunha frase a análise política que facía a UPG.
A comenzos do ano 1975 no convencemento que a dictadura franquista non podía durar moito máis tempo e seguindo o principio teórico da autorganización nacional dos pobos colonizados, a UPG plantexou e potenciaría a creación dunha Asamblea Nacional destinada a proclamar o principio de autodeterminación do pobo galego e da que xurdiría un goberno provisorio destinado a operar lexitimamente dende o momento no que rematase a dictadura.
O primeiro de maio de 1975 a UPG asina unha declaración conxunta con ETA e PSAN (p) na que fan públicas estas propostas de creación de gobernos provisiorios para as tres nacións: galega, vasca e catalana. Así como a constitución dunha alianza política dos movimentos de liberación nacional[1].
Durante o mes de agosto dese ano de 1975 terá lugar unha dura represión policial sobre a UPG e o conseguinte desmantelamento da súa fronte militar, que empezaba a actuar en Galicia xunto con membros de ETA. Perpetraran un atraco a Caixa de aforros da Coruña, o roubo nas oficinas policiais do documento nacional de identidade de Lugo e preparábanse para cometer atentados en Galicia. O desmantelamento relacionouse co traballo de Gorka, un famoso infiltrado policial en ETA. O 12 de agosto morrería en Ferrol a disparos da policía Xosé Ramón Reboiras, ao que lle seguiría un longo rosario de detencións por toda Galicia. Finalmente catro militantes da UPG (Xosé Mª.Brañas, Manoel Fernández, Marisa Vázquez e Xan López) xunto cos membros de ETA (Emilio Goitia e José Ignacio Villanueva) ingresaron no cárcere da Coruña coa petición fiscal de varios anos de cadea onde quedaran ata a aplicación en 1977 do decreto de amnistía para os presos políticos.
A raíz do golpe policial recibido a dirección da UPG refuxiouse en Portugal mentras que o proceso reformista da transición española seguía para adiante sen remisión. Unha vez acabado pola vía policial con este intento rupturista que parecía abogar claramente pola independencia de Galicia. A UPG nun exercicio de realismo político terá a necesidade de concurrir aos procesos electorais que se aveciñaban para estar presente e influir na sociedade galega. Polo que aínda dende a clandestinidade e conxuntamente coa Asamblea Nacional-Popular Galega impulsarán unha alianza electoral que lle permitise ao nacionalismo postular a autodeterminación nacional de Galicia. Esa será a alternativa que vai representar o BNPG.
2.2. A ANPG.
Foi creada en Portugal no mes de marzo de 1975 ante a inminencia do remate da dictadura franquista. E ao igual que a Assemblea de Catalunya, Assemblea del País Valenciá e Herrikoi Batasuna nacía coa finalidade de proclamar o dereito a autodeterminación dos distintos pobos existentes no estado. En preparación do previsible proceso de ruptura democrática que por aquela se albiscaba, a ANPG representaba unha fórmula para artellar unha alternativa patriótica na percura da liberación nacional de Galicia. Definíndose como un organismo destinado a conseguir o Poder Popular en Galicia e comprometéndose a loitar pola implantación dun goberno provisorio galego que asumiría o poder ata a convocatoria dunhas eleccións que estableceran unha asamblea constituínte de Galicia[2].
Os principios políticos mínimos que viñeron a definir a ANPG foron: autodeterminación, autogoberno, anticolonialismo, democracia, forzas políticas propias e intereses populares.
Unha vez que a reforma política española avanzaba sen remisión. Decidiuse seguir unha estratexia postulada xa a principios dos anos setenta polos teorícos da UPG[3] según a cal mesmo a autonomía servía no proceso de liberación nacional como unha fase previa de concienciación e afirmación nacional.
Aínda na clandestinidade as organizacións nacionalistas ANPG/ UPG crearon o BNPG para poder participar na convocatoria electoral do 15 de xuño de 1977. E así poder influir no proceso autonomista que por aquela se encetaba. Intentando condicionalo no sentido de esixir o cumprimento da alternativa que representaba o programa político das Bases Constitucionais da Nación Galega.
A ANPG demostrou unha importante capacidade de movilización, posta a proba nas campañas levadas contra as celulosas –Quiroga, Foz, Ponteareas, Negreira…-, contra a central nuclear de Xove, contra as expropiacións das Encrobas, contra o roubo da praia de Baldaio, e na celebración do “Día da Patria Galega”. Non sería legalizada ata o ano 1978 logo de facer unha campaña con recollida de milleiros de sinaturas na que demostraría a súa implantación en Galicia.
3. A postura ante a Lei para a Reforma Política.
A reforma propugnada polo goberno de Adolfo Suárez foi ratificada no referendo do 15 de decembro de 1976. O posicionamento da UPG e ANPG foi a de propugnar a abstención. A UPG era contraria a lei de reforma política porque non contemplaba os dereitos da nación galega e a súa posición pasaba pola ruptura democrática considerada como necesaria para que o pobo galego poidese ser dono de si mesmo[4]. Viñan de asinar en novembro a 3ª declaración conxunta ETA-PSANp-UPG na que consideraban irrenunciable a consecución da amnistía total e a implantación de gobernos provisorios para abrir procesos constituíntes nos que cada nación decidirá a forma de relacionarse cos demais pobos do estado.
Actuando dende a ilegalidade, practicamente non poideron facer campaña. Debido tamén a escaseza de medios cos que contaban. Empregaron as pintadas e os carteis debuxados polos propios militantes. Así como o reparto de planfletos feitos en multicopistas caseiras, tamén chamadas «vietnamitas», das que mesmo circulaban as instruccións de cómo poder confeccionalas.
4. As primeiras eleccións democráticas de 1977.
Co avance e consolidación da transición política española chegarán as eleccións xerais do 15 de xuño de 1977. A UPG e a ANPG terán que afrontar éstes comicios electorais aínda desde a ilegalidade. Crearán o Bloque Nacional-Popular Galego para participar nas eleccións coa finalidade de non quedar aillados socialmente e reducidos ao testimino-nialismo político[5]. Aínda que tiveron que facelo con enormes dificultades. O BN-PG creado como agrupación electoral para participar tivo que xuntar e presentar no Goberno Civil sinaturas verificadas notarialmente.
A participación electoral tiña para o BNPG a función de espallar a alternativa nacional-popular que representaban e no acto de presentación pública das súas candidaturas afirmaban que “a participación electoral é somentes un medio máis –e non o máis importante- para a organización das clases populares galegas e a clarificación dos obxectivos a conseguir para a liberación nacional e social do noso país” [6]. Polo tanto os criterios da loita electoral pasaban por facer visible a contradición da vía rupturista coas liñas estratéxicas dos partidos que pretendían a consolidación da democracia formal. O BNPG seguía asumindo o programa da ANPG fundado na necesidade de encetar un período constituínte con un Goberno Galego que executara as competencias recollidas nas BASES CONSTITUCIONAIS DA NACIÓN GALEGA. A campaña electoral estivo basada en espallar a idea que son as forzas políticas propias as que mellor poden defender os intereses do pobo galego. E que ningunha voz asumiu a defensa dos intereses populares do país a nivel parlamentario e institucional.
Candidaturas do BNPG ás eleccións do 15 de xuño de 1977 [7]
A Coruña
María Elvira Souto Presedo
Ramón López-Suevos
Luis Ríos Paredes
Fernando Camarot Veira
Hilario Leopoldo López Rego
Xan Bouzas Lariño
Xaime Custoia
Xosé Manuel Fernández Barcia
Xan Carballo Rodríguez
Ramón Valcarce Vega
Xosé Vilas Nogueira
Xosé Agrelo Hermo*
(*) entrevistado.
Lugo
Pedro Luaces González-Rosón
Xosé Manoel Pavón González
Emilio López Pérez
Miguel Campuzano Álvarez
Lois Diéguez Vázquez
Manoel María Fernández Teixeiro
Francisco López Quinte
Xosé Manoel Rodríguez Martínez
Ourense
Bautista Álvarez Domínguez
Antón Sánchez Riveiro
Fernando Pérez López
Marisa Vázquez Barquero
César Varela García
Francisco Carballo Carballo
Antón Fernández Sánchez
Antón Romasanta Vilarchao
Pontevedra
Francisco Rodríguez Sánchez
Xavier Alonso Pérez
Manoel Méndez Fraguas
Margarita Ledo Andión
Xosé Casal Rosendo
Pilar Allegue Aguete
Manuel Chao Terceiro
Manoel Martínez Rodríguez
Camilo Nogueira Román
Francisco Lores Santacecilia
Eladio Pérez González
Os resultados acadados nestes comicios foron moi cativos, algo máis de 27.000 votos, o que suporía un 2,4% do electorado. E nas análises internas postelectorais[8] desculparíase o fracaso do BNPG, entre outros motivos: polas dificultades coas que tiveron que afrontar a campaña, polos atrancos burocráticos para poder sacar adiante a candidatura do Bloque ante ilegalización da ANPG e UPG , pola falla de medios, a precariedade económica e pola contrapropaganda dos outros partidos que os presentaban como terorristas.
5. A Constitución Española de 1978 e a Autonomía de Galicia.
O BNPG mostrouse contrario a aprobación da Constitución española e tamén ao Estatuto de Autonomía de Galicia. Pediu o voto negativo no referendo para a aprobación da Constitución que se celebrou o 6 de decembro de 1978. Os votos «non» chergaron a unha media do 5,81% dos votos totais. A oposición nacionalista a Constitución supoñía un intento máis de non deixar consolidar en Galicia os obxectivos que perseguía a transición política española. Os nacionalistas utilizaron o argumento xustificativo da derrota na elevada abstención no referendo que sobradou o 51% para intentar restarlle lexitimidade á Constitución que resultaría aprobada co 39% de votos favorables.
En canto ao estatuto de autonomía de Galicia, a dialéctica política do BN-PG pretendía centrarse nunha disxuntiva AUTONOMÍA - BASES CONSTITUCIONAIS. Interpretando a reforma autonómica do estatuto como unha mera descenralización administrativa fronte a alternativa das Bases Constituciónais como un auténtico autogoberno basado na soberanía nacional.
Para o BNPG o estado estaba impoñendo unha política de rexonalización a través das autonomías. E o BNPG pediríalle ao pobo galego o voto negativo para o Estatuto de Autonomía convencido de que ningunha variante autonomista serviría para salvar a Galicia da súa servidume económica, cultural e social [9].
A participación en todos estes procesos electorais xurdidos durante a transición. E a pesar de mostrarse radicalmente en contra respondían a táctica de non deixar o campo libre a nivel electoral[10]. Esta estratexia electroal de oposición sistemática conseguiría que os militantes do Bloque fosen coñecidos como «os do non».
Candidaturas do BNPG ás eleccións xerais do 1 de marzo de 1979 [11]
A Coruña
Manela Fraguela Seoane
Xan Carballo Rodríguez
María do Carme García Negro*
Margarita Vázquez Veras
Eleuterio Formoso Lamela*
Carmen Entenza González
Xesúa Andrés López Piñeiro
Xesús Seixo Fernández
(*) entrevistado.
Xosé Agrelo Hermo
Xan Pombo Seoane
Xan Bouzas Lariño
Lugo
Pedro Luaces González-Rosón
Lois Diéguez Vázquez
Manuel Castiñeira Castiñeira
Xosé Ramos Rodríguezz
Manuel García Mel
Manoel María Fernández Teixeiro
Francisco Arrizado Yañez
Manuel Quintana González
Ourense
Bautista Álvarez Domínguez
Fernando Pérez López
Antón Sánchez Riveiro
Aristóbalo Quinteiro González
Xoaquín Méndez Anta
Norberto Tabarés Feixoo
Antón Fernández Sánchez
Emilio González Graña
Pontevedra
Francisco Rodríguez Sánchez
Francisco García Montes
María Teresa Conde-Pumpido
Manuel Martínez Rodríguez
Francisco Xavier Alonso Pérez
Xesús Chaves Fandiño
Pilar Allegue Aguete
Francisco Xavier Abalo Costa
Eladio Pérez González
Agustín Malvido Boullón
Isidro Paz Veloso
6. As convocatorias electorais de 1979.
Intentando fuxir da marxinalización o BNPG vai afrontar o ano 1979 coa necesidade de concorrer nos comicios electorais para ampliar a súa base social. E co obxectivo de acadar a relevancia política que outorga a presencia nas institucións. Os nacionalistas xustificaban a súa presencia na area política para manter vivo o debate nacionalismo-españolismo da única maneira posible unha vez que se asentaba a democracia en España. Aínda que impulsando unha formación non autonomista e mantendo un programa político que trascendía o teito consitucional. Neste sentido a UPG declaraba en febreiro de 1979 a liña política que compría seguir na que se decantaba pola presencia institucional: “nós estamos contruíndo o noso país, a nosa nación, dende hai moito tempo, da única maneira posible: organizandonos e combatendo en todos os frentes. Non imos deixar o electoral e parlamentario para o pseudonacinalismo embaucador e oportunista que intenta confundir as situacións con maniobras de diversión e engano, que encaucen ao noso pobo polos vieiros do neocolonialismo. Sabemos das dificultades da nosa liña política, pero tamén estamos certos da súa victoria final, que eisixe, aquí e agora, a eficacia e os éxitos a nivel parlamentario-electoral” [12]
Os resultados acadados nas eleccións xerais do 1 de marzo de 1979 foron algo máis de 63.000 votos non conseguindo tampouco desta ocasión obter presencia nas Cortes madrileñas.
En canto as primeiras eleccións municpais celebradas o 3 de abril dese mesmo ano1 1979. Neses comicios si que o BNPG obtivo uns importantes resultados conseguindo 260 actas de concelleiros en máis de 120 municipios de Galicia. Se cadra foron estas primeiras eleccións municipais as que mediron o alcance do movemento nacionalista durante toda esta xeira. Xa que estableceron uns números electorais que nalgunhas vilas non se acadarían ata bastantes anos máis tarde. O voto ao BNPG foi principalmente un voto rural. Evidenciando as dificultades que o discurso esquerdista do Bloque tiña para ser asumido pola pequena burguesía urbana.
Un pacto postelectoral entre o BNPG e os partidos de esquerda, co obxectivo apoiarse alí donde tivesen opcións de goberno permitiríalle ao nacionalista do PSG Domigos Merino acadar a alcaldía da cidade da Coruña. Ocuparía a alcaldía ata o ano 1981. Logo do golpe de estado do 23 de febreiro todos os grupos menos o Bloque-PSG aprobaron uha moción de apoio ao Rei e a Constitución. Con posterioridade o alcalde coruñés presentaría unha moción de confianza que foi rexeitada polo Pleno. Na elección do novo rexedor será a UCD quen acade a alcaldía.
7. A xestación dunha nova fronte nacionalista.
Logo do golpe de estado do 23 de febreiro de 1981 e das conseguintes dificultades que xurdirán para as organizacións nacionalistas. Xa que dende moitos sectores serán culpadas de supoñer un argumento para as teses involucionistas. Nas eleccións ao Parlamento Galego, o BNPG formou unha coalición co PSG, intentando afondar na unidade do nacionalismo e enfeblecer progresivamente a presencia das forzas políticas de ámbito estatal en Galicia. A coalición baseouse na idea de que Galicia é unha nación, no carácter popular do nacionalismo galego e na defensa do dereito de autodeterminación que se concretaba nun programa de soberanía nacional.
Utilizando o marco institucional vixente pretendían contribuir ao crecemento da conciencia nacional do pobo galego. A súa intención era superar o marco autonómico cualitativamente pola vía dos feitos.
Acadarían acta de deputado, Bautista Álvarez, Lois Diéguez e Claudio López Garrido. Tres deputados que posteriormente serían privados dos seus dereitos como parlamentarios no Parlamento de Galicia por negárense a xurar ou prometer fidelidade á Constitución española. Nun episodio de mimetismo coa actuación do Parlamento do estado que probablemente sexa dos máis arbitrarios da história autonómica galega.
No ano 1982 producirase unha auténtica devacle electoral para o BNPG nas eleccións xerais do 28 de outubro. Uns comicións que foron moi mediatizados polo golpe de estado do 23 de febreiro de 1981. E pola conseguinte polarización do «voto útil». Xa no V Plenario da ANPG celebrado no mes de abril vai acordarse facer un chamamento a partidos, colectivos e persoas contrarios ao modelo da constitución española e do estatuto de autonomía e que estean interesadas na loita pola soberanía nacional de Galicia a participar na articulación dun novo proxecto organizativo que unise ao nacionalismo. En maio constituirase unha comisión xestora aberta integrada nun principio polas organizacións ANPG, Galicia Ceibe, PSG, UPG, ERGA, Asamblea de Nacionalistas, Colectivo Libertario Arco da Vella, Grupos de independetes de Coruña (2), Santiago (1), Vigo (1), Condado (1). Esta comisión tivo o obxectivo de realizar as propostas sobre os principios políticos e o esquema organizativo da nova organización. Consideraban que tiñan cabida no proceso todas as persoas que asumiran o recoñecemento plurinacional do estado español e o recoñecemento do dereito de autodeterminación das nacións que o compoñen[13].
Como remate deste proceso nacerá o BLOQUE NACIONALISTA GALEGO, no transcurso da coñecida como a Asamblea de Riazor que se celebrou na Coruña os días 25 e 26 de setembro de 1982. Unha organización nacionalista que representa na actualidade aproximadamente o 20% do electorado de Galicia.
[1] Declaración Conxunta de ETA, PSAN (p) e UPG. Terra e Tempo, nº30 / maio 1975.
[2] Chamamento e declaración política da ANPG. 1975.
[3] Encol da Autodeterminación. Edicións Terra e Tempo nº8. 1972
[4] Terra e Tempo nº41. 1977.
[5] ANÁLISES E RESOLUCIÓNS POLÍTICAS. UPG II Congreso. Edicións Terra e Tempo.1979.páx.17.
[6] Teima, nº19.Abril 1977.páx.6.
[7] Terra e Tempo, nº45.Maio 1977.
[8] Comunicado da Dirección Nacional da AN-PG encol das eleccións. 1977.
[9] Postura do Bloque ante o estatuto de Autonomía.Impr.La Ibérica.Santiago.1979.
[10] O pobo galego unido frente aos monopolios a ao colonialismo. IV Plenario ANPG. Edicións Ceibe. Páx.47. Decembro 1979.
[11] Terra e Tempo, nº44.Febreiro 1979.
[12] “A voz galega no parlamento” en Terra e Tempo nº64, páx3. 1979.
[13] “Chamamento para a unidade do nacionalismo” en Ceibe. nº51, páx.12. 1982.
@ Francisco Abeijón Núñez. Xuño 2006.
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com1tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-79230674736577988492007-03-02T17:34:00.000+00:002007-03-02T18:05:46.559+00:00O VERÁN DE 1936 EN MUROS.
Co señor Lino Tieles nunha entrevista en Muros.
Agora que se celebra o 70º aniversario do inicio da Guerra Civil española. E que este ano 2006 foi declarado como o ano da memoria parece de xustiza lembrar a todos e cada un dos represaliados pola dictadura do xeneral Franco. Eu aproveito este espazo que me ofrece a revista Alameda para ter un recordo especial en lembranza dos «paseados» de Muros.
Morrer «paseado» foi o destino de moitos demócratas no verán de 1936 como consecuencia do golpe de estado perpetrado polo xeneral Franco e a conseguinte paz de cemiterios que o novo réxime ía instaurar.
Os cargos públicos e a maioría da xente moi identificada coa causa republicana de toda esta comarca fuxiron por mar dende Muros a bordo dos vapores Santa Eulalia e Santa Rosa na madrugada do 26 de xullo. Galicia estaba xa perdida e coas columnas falanxistas pisándolles os talóns o grupo de milicianos muradáns retrocedía nos vehículos que requisaran a penas uns días antes entre os propietarios da vila. Partiron coa intención inicial de ir defender a capital coruñesa e viaxaron a bordo dos coches requisados na vila de Muros entre os propietarios: Antonio del Sel Carranza, Dolores Romero Viro, Alonso Lamela Cernadas, Alfonso Goyanes Sotelo, Alfonso Vigil Escalera, Ramón Artaza Malvarez e Adolfo Sel Portillo. Agardaban tamén amarrados no porto de Muros requisados dende o 24 de xullo os barcos “Antonio Pérez”, “Genoveva” ou “Joaquín Iglesias” e “La Riveiriña”. Pero finalmente decidirán embarcarse nos dous bous máis grandes chegados ao porto solo unhas horas antes. Nos vapores Santa Eulalia e Santa Rosa propiedade do industrial conserveiro muradán Antonio Pérez chegarían a Bilbao o 28 de xullo.
Entre as persoas que fuxiron atopábanse os recoñecidos republicanos Manuel Tobío Romaní, José Veloso Mayo e José Tobío Mayo de Esteiro, Manuel Mayo de Abelleira, Juan Malvárez Baamonde, Pedro García Fernández, Juan Malvárez Pérez, de Muros, José Sendón Sendón da Virxe do Camiño e Juan Martínez Vidal de Serres. Xunto con máis compañeiros entre os que se atopaban tamén as autoridades de Noia, os mineiros de Lousame e traballadores da madeira de Outes. Partiron con rumbo a Bilbao onde seguirán loitando pola legalidade da república. Posteriormente coa derrota militar toda esta xente veríase abocada ao exilio ou a cumprir condena nas prisións franquistas.
Quedaría encargado do despacho das tarefas da alcaldía muradá o concelleiro veciño de Abelleira Eugenio Lestón Muros. Cargo que ocuparía a penas uns días. Ata a toma de posesión o 30 de xullo do novo alcalde Adolfo del Sel Portillo. O primeiro alcalde franquista parece ser que era un vello coñecido do xefe da columna militar rebelde posto que estudiaran xuntos en Pontevedra.
O mes de agosto sería especialmente duro para os mestres. Os mestres foron acusados de sementar o espírito republicano nos cativos. E o republicanismo era considerado polos golpistas como un bicho que corrompía os valores tradicionais. No boletín oficial da provincia do 11 de agosto apareceu unha circular do delegado militar de instrucción pública da Coruña na que se pedía aos concellos a emisión dun informe sobre os mestres de cada distrito da provincia. Este informe foi conformado en Muros con celeridade e enviado a Coruña ao día seguinte, o 12 de agosto. Aínda que posteriormente ese informe mesmo sería ampliado o 18 de agosto. A penas uns días máis tarde chegarían as destitucións dos mestres identificados en maior ou menor medida coa causa republicana. Primeiro foi a suspensión de emprego e soldo para don José Ballesta Serrano –mestre do pósito de Louro-, dona María Membrela de Baño e don Joaquín Fernández Cambeiro, de Tal. Despois a declaración de destitución e cesantía definitiva na súas escolas para don Francisco Rodríguez Suárez e don José Tobío Mayo, entregadas as súas esposas por ausencia deles. Posteriormente a destitución de don Andrés Sánchez Toro -mestre de Bornalle- e as de dona Carmen Alonso Puente e don Paulino Núñez Arenas, mestres de Esteiro e Riomaior. As notificacións a estes dous últimos non puideron facerse por atoparse os interesados «ausentes e en ignorado paradoiro». Xa no mes de setembro chegaría o cese definitivo para dona María Agustina Rico Lago –mestra de Torea- e a suspensión para dona Sofia Merejo Vázquez, de Serres. Así como a destitución para Libertad Alonso Puente, mestra da escola de nenas de Esteiro. O mestre do pósito de Louro que recibira primeiro a suspensión de emprego, será cesado definitivamente o 8 de setembro. Xunto con Manuel Alonso Asorey –mestre de Esteiro- que por aquela tampouco estaba xa no seu domicilio. Finalmente non puido notificarse a destitución a don José Álvarez López –mestre de Louro-. E o escrito sería devolto con un lacónico «non foi posible facer a entrega ao interesado por ter falecido o primeiro do actual». Efectivamente o mestre de Louro foi «paseado» o primeiro de setembro e abandonado á beira do camiño que sae do lugar cara ao monte. Do camiño que vai de Louro cara a Taxes. Un camiño que tristemente dende aquela recibe o nome da corredoira do mestre. En lembranza do asasinato daquel mozo natural da Santa Comba que tivo a desgracia de morrer «paseado» no verán de 1936.
Desgracia que tamén experimentou Pedro Priegue Priegue. Este home de sesenta e seis anos era veciño do lugar do Riomao na parroquia de Torea. Foi detido o 15 de agosto acusado de dispoñer de emblemas comunistas e de agachar na súa casa ao garda municipal republicano Manuel Lago Ramos, tamén coñecido por Outeiro. Estivo no depósito municipal de Muros ata que o 22 de agosto foi trasladado para a prisión compostelá. Durante a viaxe na costa de San Xusto (Lousame) será «paseado» e abandonado á beira da cuneta. O señor Pedro de Torea era un home moi coñecido en Muros, dotado con unha gran preparación que adquiriu na emigración americana. E o seu asasinato causará unha auténtica conmoción na Vila e en todo o concello.
Na noite anterior, amañecendo o 21 de agosto, tamén sería abandonado á beira da estrada nun punto limítrofe entre os concellos de Muros e de Outes o cadaleito de outro «paseado». Na zona coñecida como a Arnela. Situada na parroquia de Esteiro apareceu o cadáver con dous tiros na cabeza de don Luis Barrena y Alonso de Ojeda. Este avogado natural de Siguenza, na provincia de Guadalaxara, e con residencia na madrileña rúa de Alberto Aguilera, contaba corenta e un anos de idade. Acostumaba a veranear en Muros dende había algúns anos en compañía da súa dona Carmen Doval del Campo e dos seus fillos. Segundo contaban os vellos na vila era un home de moita prestancia que gustaba de pasear as tardes polo peirao de Muros para mirar os mariñeiros. Parece ser que trabou confianza con vellos patróns muradáns como o señor Juan do Trono e con Corre que chove. Aos que gustaba de ir comprarlle os peixiños e falar con eles das cousas do mar.
Nas eleccións gañadas pola Fronte Popular de febreiro de 1936, Luis Barrena conseguira unha acta de deputado pola circunscrición de Melilla, en representación de Izquierda Republicana.
Tamén houbo xente que fuxiu agachándose nos montes por temor a represión dos vencedores. Este foi o caso de Lino Tieles Blanco, a quen tiven a sorte de entrevistar con máis de noventa anos. E felizmente conservaba unha memoria privilexiada que me serviu de fonte esencial para este traballo. Lino Tieles estivo fuxido e acollido por amigos e familiares de Torea e Abelleira ata a súa detención do 17 de decembro. Unha vez preso en Muros foi trasladado á Coruña, onde será condenado e ingresado na prisión provincial. De regreso a Muros, volta a clandestinidade e protagonizará unha épica fuxida por mar a Francia que pola súa singularidade espero ter a ocasión de relatarvos nunha vindeira ocasión.
@ Francisco Abeijón Núñez. Maio 2006.
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com2tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-59106608823020616482007-03-02T17:13:00.000+00:002007-03-02T17:17:42.827+00:00Loitar por un posto de traballo en Calvo.
«Temos que loitar para que se manteñan os postos de traballo», foi o comentario dun xubilado dos que estoicamente fan o seu turno de garda pola noite na porta da factoría que a empresa conserveira Calvo ten na parroquia de Esteiro (Muros). Os traballadores da Conserveira de Esteiro fixeron un chamamento de axuda e colaboración a todos os veciños para facer garda na porta da fábrica a fin evitar o traslado da maquinaria. E alí están por turnos ininterrupidamente as vintecatro horas do día dende o pasado venres 24 de febreiro. Con esta medida intentan impedir o desmantelamento da factoría. Un desmantelamento que lentamente xa hai tempo que se ven producindo, pero que agora parece definitivo co traslado das liñas de latóns de atún e tarros de vidro para a fábrica que o pasado mes de xaneiro Calvo inaugurou en Puerto La Unión (El Salvador). Quedando a fábrica de Esteiro case en exclusiva para o procesado de mexillón. De xeito que os traballadores temen pola supervivencia dunha empresa con cerca de oitenta de traballadores fixos, outros sesenta “fixos discontinuos”. Sumando a fábrica na actualidade un total de douscentos postos de traballo directo contando tamén os traballadores eventuais. Realmente parece moi dificil que a empresa poida garantizar os postos de traballo si se adica exclusivamente a un producto de temporada como é o mexillón que polas súas propias caracteristicas naturais solo pode ser procesado durante unha serie de meses cada ano.
O grupo Calvo foi creado en 1944 pola famila carballesa Calvo. Na actualidade conta con cerca de tres milleiros de traballadores repartidos por todo o mundo. Dispón de plantas en Carballo e Esteiro en España, no Aiun no Sahara Occidental, en Venezuela, en Sao Paulo (Brasil) e no Salvador. Ademais é o propietario dunha flota de once barcos atuneiros.
En España a empresa conserveira é lider en vendas con unha cuota de mercado do 17 por cento. Mantén unha importante facturación en países como Portugal, Italia e Brasil.
Conta con máis de setenta referencias de productos no mercado baixo as marcas Calvo, Razo, Nostromo (Italia) e Gomes da Costa (Brasil).
Coa deslocalización da producción desta empresa conserveira, iniciada hai algúns anos, perdéronse moitos postos de traballo na fábrica matriz da firma carballesa e agora esta ameaza planea sobre a Conserveira de Esteiro. Donde se está procedendo ao desmantelamento progresivo da compañía dende hai uns meses. A firma está desmontando as liñas de producción para ser envíados as outras factorías que o Grupo Calvo ten en América aducindo motivos de baixa rendabilidade.
Ante esta realidade, unha parte do Comité de Empresa, a formada polos delegados Marimena Santiago, Carlos Canay e Felisa Montes de CC.OO. e Xosé Freire da CIG, recollendo un sentimento maioritario dos traballadores de que é necesario movilizarse, facer algo e non deixar pasivamente que desaparezan os postos de traballo da única empresa con máis de dousentos traballadores nunha zona especialmente deprimida, con problemas de despoboamento e coa emigración como única saída para a xuventude.
E así, a pesar da pasividade da maioría do Comité de Empresa formada por seis delegados da UGT que inicialmente negaron o problema da deslocalización da empresa. Os traballadores decidiron concentrarse ininterrumpidamente diante da porta da fábrica para evitar o traslado da maquinaria. Un traslado que está decidido e que estaba previsto para finais do pasado mes de febreiro a través dun mercante que aos efectos agardaba amarrado no peirao de Laxe. Como ben decía o vello mariñeiro, coñecedor do que ocurriu coa mariña mercante «hai que loitar para que se manteñan os postos de traballo».
@ Francisco Abeijón Núñez. Febreiro 2006.
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com0tag:blogger.com,1999:blog-1182143445791804468.post-15550892842276238382007-03-02T17:07:00.000+00:002007-03-02T17:10:18.027+00:00CEN ANOS DE «MOI HUMANITARIA» VILA DE MUROS.O 28 de outubro de 1905 perderíase sen víctimas ao tocar os baixos dos Meixidos o cruceiro “Cardenal Cisneros”. Tratábase dun barco de 106 metros de eslora e 7500 toneladas de desprazamento, con seis caldeiras de vapor que lle permitían acadar os 18 nós e con unha dotación de 550 tripulantes. Fora construído no arsenal de Ferrol por un importe total aproximado de quince millóns de pesetas. Era idéntico aos “Princesa de Asturias” e “Cataluña” botados nos estaleiros de La Carraca (Cádiz) e Cartagena respectivamente. Foran feitos coa intención de constituíren o máis claro expoñente dun hipotético rexurdimento da mariña española logo dos desastres de Santiago de Cuba e de Cavite. Tratábase dun barco novo que entrara en servicio en 1902 pero con deseño e artillería xa desfasados posto que a súa construcción proxectouse ao abeiro dunha Real Orde datada o 17 de setembro de 1888. En Ferrol, a obra de construción fora dirixida polo enxeñeiro xefe D.Manuel Hernández Pérez, auxiliado polo alférez de navío e enxeñeiro naval D. José Quintana Junco e o armamento do buque dirixeuno o enxeñeiro xefe de D. Manuel Rodríguez Rodríguez. A fasquía do barco e a súa pouca artillería mesmo chegarían a ser descalificados polo propio rei Alfonso XIII, según conta o estudioso en asuntos militares D.Alejandro Anca Armadillo.
O buque chegara a Muros logo dunhas manobras e zarpaba en baixamar con rumbo a Ferrol para carenar fondos e reparar as caldeiras. Con unhas condicións meteorolóxicas inmellorables, con tempo claro e co mar como un prato. O resto da escuadra composta polo “Princesa de Asturias”, o “Rio de la Plata” e o “Extremadura” zarpaban de Muros para Vigo ao mando do xeneral Santaló totalmente alleos ao destino que lle agardaba ao “Cisneros”. Segundo relatan as crónicas daquela, como por exemplo as de Jaime Solá director do Heraldo de Galicia, as de Luís Malvárez para “La Voz de Galicia” e “Noticiero” ou mesmo as do escritor Artaza. O “ Cardenal Cisneros” navegaba a 10 nós de velocidade cando contra as nove da mañán do 28 de outubro de 1905 unha laxa dos Meixidos desgarroulle a obra viva de xeito que sería imposible conter a inundación. O comandante señor Díaz Miranda ordenou o abandono do buque aos 544 tripulantes que ían a bordo e que se fixo con un desconcerto inicial e posteriormente en orde durante os tres cuartos de hora que aínda estivo a flote o Cisneros. Participaron do salvamento ademais do vapor “Argonauta”, o balandro “Méndez Núñez”, moitas lanchas de pesca do xeito, como as patroneadas polos muradáns Manuel Porrúa, Ricardo Caamaño e moitos outros.
Á pesar da busca e recoñecemento que posteriormente farían na zona os buques “Urania” da Comisión Hidrográfica e o cañoneiro “Marqués de la Victoria”, nunca aparecería a fatídica agulla non sinalada nas cartas coa que bateu o Cisneros según a versión dos protagonistas dos feitos exposta nas dilixencias sumariais practicadas ao efecto no salón de actos do concello de Muros, presididas polo xeneral Santaló e nas que participou como secretario o xefe de estado maior D.Manuel Dueñas. A versión resultante do actuado sería publicada en suplementos especiais nos xornais como La Voz, Heraldo de Galicia ou Noticiero Ferrolano:
“Que o sábado último ás cinco da madrugada saiu o Cardenal Cisneros da ría de Muros, a un andar de dez millas. Que sendo as sete cincuenta o acorazado, libre xa dos baixos de Bruyos arrumbou para pasar a dúas millas e media dos Meixidos. As oito viuse romper o mar pola aleta de estribor sobre ditos baixos. Entón sentíndose a bordo do buque unha tremenda trepidación. A máquina parou inmediatamente.
Practicado con rapidez un recoñecemento, puido apreciarse unha enorme vía de auga.(...)
O Cisneros comenzou a afundirse con lentitude pola proa. Cando chegou ao seu último tercio, o buque tomou a súa posición vertical, poñendo ao aire hélices e quilla. Despoios prodúxose un espantoso remuíño. Logo advertiuse unha columna ou tromba de auga seguida dunha explosión semellante a dun torpedo. Despois afundiuse por completo. Pénsase que ao afundirse reventou o casco.”
Parece máis realista darlle creto á versión expresada polos pescadores testemuñas do incidente; para os xeiteiros o “Cardenal Cisneros” afundiuse logo de chocar cos baixos de Meixidos no umbral da Costa da Morte, ben coñecidos polos navegantes. Os mariñeiros que relataron a perda do cruceiro acoirazado para o xornalista vigués do Heraldo de Galicia, contaban como eles estaban faenando cando o viron asomar o barco por Monte Louro e de súpeto comprenderon que levaba moi mal rumbo:
“- o barco viña perderse sen remedio, nós comprendiámolo e non podíamos evitalo. Primeiro pasou por unhas pedras chamadas Ximiela e que non está nas cartas españolas pero si nas inglesas e tivo a fortuna de non estrelarse. Pero despois arrumbou máis a terra. Xa antes pasara por dentro duns baixos. Nós comprendíamos que a bordo non se decataban do perigo. Como vían romper a laxe grande do Meixido críanse libres das pedras, e nós gritábamos con todas as nosas forzas, ata quedar roucos, e facíamos sinais cos panos. Éramos moitos barcos a dicirlles que se separasen. Pero de abordo pensaban que aquelas voces e aquelas sinais eran a despedida á escuadra que viñan de pasar algúns días en Muros...Dígolle a vostede que saltábamos sobre as lanchas. algúns chorábamos. O Cisneros íase sobre as pedras e nós víamos que ía a perderse”.
O Comandante do Cardenal Cisneros era o Capitán de Navío don Manuel Díaz Iglesias nacido en Cádiz o 17 de abril de 1848, que servira meritoriamente en Filipinas e como segundo no “Reina Cristina”. Faltáballe tan solo un mes de mando para estar en condicións de obter un ascenso. Pero a súa carreira profesional quedaría para sempre truncada logo deste naufraxio e de ser condenado o 25 de xaneiro de 1906 a un ano de suspensión de emprego. Coméntase que logo do naufraxio paseando abatido polos soportais de Muros declaraba que lle agardaba ter que pelear contra todos:“a pelear con toda España” decía-. Posteriormente sería destinado no Instituto de Hidrografía para encargarse de corrixir unha nova edición do código internacional de sinais.
A tripulación dende os botes se salvamento puido presenciar o afundimento do Cardenal Cisneros. O barco sumerxiuse primeiro de proa, levantando despois a popa e o cruceiro galego como lle chamaban os mariños afundiuse por completo sobre a banda de babor. Toda a escea durou cerca de dez minutos. Contaban os supervivientes que se os maquinistas non tivesen aberto o vapor das caldeiras a explosión sería enorme. E gracias a que os compartimentos estancos estaban pechados o afundimento non foi instantáneo logo do choque. Foi obxecto de grandes eloxios o comportamento do terceiro maquinista que con unha serenidade e precisión grandes retirou os fogos, evitando que a catástrofe tivera espantosas proporcións.
No primeiro momento prodúxose pánico entre a tripulación lanzándose a auga varios mariñeiros. Un deles Manuel Canosa de Fisterra bateu contra un canón antes de ir ao mar resultando gravemente ferido. O terceiro maquinista, Luciano Díaz, foi que lle deu saída ao vapor. O maquinista maior, Juan García, deu a orde de pechar os compartimentos estancos. O choque co baixo abrira un boquete de máis da metade da lonxitude do barco. Tres fogoneros resultaron feridos: Muíños de Ferrol, Parga de Sada e o catalán Palao. Tamén resultaron feridos un soldado de infantería de marina e un mariñeiro ao lanzar os botes a auga.
O terceiro comandante, señor Andújar, distinguiuse polo seu comportamento nestes momentos de perigo. Baixou á máquina a dirixir estas operacións que tiñan que facerse con urxencia.
A relación oficial de feridos quedou finalmente composta por Jesús Fernández, natural de Fisterra. Suárez de Navia. Peña de Pontevedra. Carbón da Estrada. Os tres leves. O mariñeiro de 1ª, Jesús Fernández, natural de Fisterra por caída sobre un cañón. O fogoneiro de 1ª, Constantino Suárez, natural de Navia con queimaduras. O soldado de infantería de Mariña, José Peñas, natural de Pontevedra con ferida na man esquerda ao arriar un bote. O soldado de infantería de Mariña, José Carbón, natural da Estrada con ferida no pe esquerdo ao arriado dun bote.
Embarcada a xente en nove botes e lanchóns, os primeiros foron remolcados polo vapor Argonauta ata Muros e 32 mariñeiros seguiron ata Corcubión a bordo do balandro Méndez Núñez que tamén acudiu a prestar auxilios nos primeiros momentos.
Cando chegou a tripulación ao muelle de Muros hora e media despois da perda do buque o alcalde –Sr.Louro, un vello mariño mercante- arengou aos veciños muradáns para que acollesen nas súas casas aos naufrágos. O Sr.Díaz Iglesias aloxouse na casa do Sr. Siaba, posto que según relato do xornalista Jaime Solá a muller do Comandante en días pasados regresando dun paseo fora sorprendida pola chuvia e tivera que acollerse no fogar dos señores Siaba. Recibira alí tantas atencións que ao voltar a Muros non quixo ir a outro sitio. Aloxáronse o resto dos mandos do Cisneros na casa do señor Manuel Riveiro e do propio alcalde Sr.Louro.
Arribaron a Muros os cruceiros Extremadura e Rio de la Plata, os canoneiros Marqués de la Victoria, Marqués de Molíns e Vasco Núñez de Balboa. Os tripulantes naufragos do Cisneros foron distribuídos en todos os barcos da escuadra. O xeneral Santaló tiña disposto enviar a Ferrol a mariñeiría, pero pola cerrazón que se advertira voltaron a terra para dormir no pobo.
Os naufragos estarían en Muros ata o día 30 de outubro. De volta rumbo para Ferrol ao atoparse o “Rio de la Plata” –barco no que ía o Comandante do “Cisneros”- fronte aos baixos Meixidos no lugar aproximado da catastrofe formáronse sobre a cuberta as dotacións de ambos buques e deuse lectura ao telegrama que o ministro de defensa dirixiu ao comandante xeral da división participándolle a satisfación que ao Rei lle causou o notable salvamento levado a cabo. O telegrama leído polo propio señor Díaz Iglesias, decía así:
“Ministro da Marina a Capitan xeral do Departamento.
Elevo a S.M. os nobres sentimentos que expresa telegrama de V.E. encargándolle transmita unha vez máis a testemuña de gratitude do Rei e da Patria para o seus subordinados cuia exemplar disciplina que admira e ensalza propios e extraños, evitou a terrible traxedia que sería para España esta desgracia irreparable.”
No ano seguinte, en 1906, a vila de Muros será obxecto do envío dunha fotografía do rei asinada polo propio monarca, dunha medalla para o señor Alcalde e pola concesión do título de «moi humanitaria» para a vila polo labor desempeñado no salvamento do buque “Cardenal Cisneros”. A Gaceta de Madrid do 9 de outubro publicará o decreto de concesión deste título:
“A S.M. el Rey (q.D.g) dignouse expedir por este ministerio real decreto seguinte.= Querendo dar unha proba do meu real aprecio á vila de Muros, provincia de Coruña, e tendo en conta os seus leais e heróicos antecedentes, así como a súa constante adhesión á monarquía constitucional, veño de concederlle os títulos de Moi Nobre, Moi Leal e Moi Humanitaria.= Dado en San Ildefonso a a vintenove de setembro de mil novecentos seis.=Alfonso.=O Ministro da Gobernación. Bernabé Dávila”.
O concello de Muros na sesión plenaria celebrada o 14 de outubro de 1906 acordou que se empregase no futuro este título de “Moi nobre, moi leal e moi humanitaria” no distintivo municipal de Muros para acadar así a súa perpetuación. Van alá cen anos.
@ Francisco Abeijón Núñez (03/10/2005).
Francisco Abeijón Núñezhttp://www.blogger.com/profile/15729325551784080409noreply@blogger.com2